menú

Discovery Channel celebra o Día Mundial dos Océanos

07/06/2021
Blog R

O martes 8 celébrase o Día Mundial dos Océanos. Unha xornada dedicada a concienciar sobre a importancia de coidar e conservar os nosos mares, que ocupan o 70% da superficie do planeta; producen o 50% do osíxeno; albergan unha inmensa biodiversidade; e son unha factor clave na nosa economía.

Discovery Channel programou para ese día unha programación especial que inclúe as estreas de ‘Expedition Deep Ocean’, ‘Gigantes del Océano’ e ‘Deep Ocean’ a partir das 21:00 h.

‘Expedition Deep Ocean’

Discovery Channel únese á misión sen precedentes do explorador e emprendedor Victor Vescovo e do seu equipo ‘Five Deeps Expedition’ emprendendo o primeiro descenso ao fondo dos cinco océanos do mundo. Con Vescovo ao temón do seu submarino Triton, asumen a misión pioneira e, ás veces, perigosa de chegar ao fondo dos océanos Atlántico, Pacífico, Índico, Ártico e Austral, descendendo ata unha profundidade récord de 10,928 metros. O equipo de científicos do barco tamén descobre máis de 40 novas especies extraordinarias, explora áreas descoñecidas e enfróntase a zonas de fallas sísmicas, icebergs e tormentas tropicais.

‘Gigantes del Océano’

Esta serie de oito episodios preséntanos ao exavogado de Wall Street Patrick Dykstra. Tras dar un xiro radical á súa vida para ser fotógrafo oceánico e explorador mariño, as súas espectaculares imaxes submarinas valéronlle un premio BAFTA. Patrick leva a súa cámara a lugares aos que outros non se atreven a ir e combina o seu talento tras o obxectivo co seu amor polo mundo mariño e o dominio da tecnoloxía de exploración océanica de vangarda (GPS, drons, tecnoloxía de mapeo submarino) para procurar fenómenos oceánicos inéditos. En ‘Gigantes del Océano’, o fotógrafo busca retratar as criaturas máis extraordinarias que habitan os nosos océanos, dende baleas azuis fronte ás costas de Sri Lanka á maior poboación de orcas do mundo nos fiordos noruegueses.

‘Deep Ocean’

Apetéceche viaxar ata o océano máis extenso do noso planeta, o océano Pacífico, e concretamente á illa de Nova Guinea, onde se acha un cantil subacuático que descende a máis de 1.000 metros? Xunto a un equipo de expertos encabezado polo recoñecido biólogo mariño Mark Erdmann, ‘Deep Ocean’ mergúllase nas descoñecidas profundidades deste mar tropical. Durante a inmersión, o equipo descubrirá nas fonduras máis escuras das covas do cantil un enorme e descoñecido peixe exótico.

Nun día tan especial para os nosos océanos, non perdas na televisión R os mellores documentais cos que descubrir os segredos que se ocultan nos fondos mariños. Apúntaste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.