menú

Discovery Channel súmase á celebración do Día da Auga

22/03/2022
Blog R

A auga é vida e ben merece que lle dediquemos un día. O martes 22 de marzo é o Día Internacional da Auga e é a data elixida por Discovery Channel para estrear o documental ‘La gran sequía’.

A auga, ese gran tesouro

Sabías que uns 200 millóns de persoas viven sen acceso a auga potable no mundo?

O Día da Auga xurdiu como unha iniciativa mundial para crear conciencia sobre a importancia de coidar o chamado ouro líquido para a vida dos seres humanos e as especies na Terra.

A celebración do Día Internacional da Auga cumpre xa 30 anos (dende 1992).

E este ano 2022 o foco de atención apunta ás augas subterráneas, esas que están nos acuíferos ou que terminan nos océanos tras abastecer mananciais. E que resultan máis indispensables en zonas áridas, as máis expostas á súa contaminación e sobreexplotación.

A seca, protagonista da estrea do día

Discovery Channel súmase á celebración cunha programación especial a noite do martes 22 de marzo que inclúe a estrea de ‘La gran sequía’.

O documental pon o foco sobre as terribles consecuencias que a acción do ser humano está a provocar nas reservas de auga do noso planeta.

Dende hai anos, o Oeste de Estados Unidos padece unha das peores secas da historia, que non fai senón agravar a crise subxacente da auga provocada por un exceso de desenvolvemento, o mal uso, a corrupción e os caprichos da historia.

Producido en colaboración coa organización de investigación xornalística sen ánimo de lucro Pro Publica, ‘La gran sequía’ examina as causas e consecuencias do desastre hídrico anunciado ao que nos enfrontamos e propón algunhas solucións innovadoras.

Ademais, cinco realizadores de documentais analizan tres aspectos desta crise.

Esperámoste nun día tan especial para coidar do noso planeta. Podes ver ‘La gran sequía’ coa túa opción Ocio TV.

Servizo de TV prestado por (Over The Top Networks Ibérica, S.L.U. con NIF B-86588639, con Domicilio Social en C. Casanova 209, principal 1ª – 08021, Barcelona). https://www.agile-tv.es

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.