menú

Cine e historia para o Día Mundial da Televisión

15/11/2019
Blog R

O 21 de novembro é un dos nosos días favoritos do ano. Sabes por que? Porque é o día dedicado á televisión. En R ímolo celebrar ofrecéndoche gratis e en exclusiva dous especiais en rebobina. Un dedicado ao cine (con películas do Festival Internacional de Xixón) e outro dedicado á historia.

Din as enquisas que unha persoa ve un total de 8 anos continuos de televisión ao longo da súa vida. Así que sae a uns 240 minutos por persoa ao día.

Un 99,3% dos fogares en España ten un ou máis televisores. Alguén dubida de que a televisión se merece o seu día especial?

A televisión, ese gran invento

Pero imos comezar polo principio, pola orixe deste aparello que nos acompaña en tantas horas de sofá e conversa.

A televisión debémoslla ao enxeñeiro e físico británico John Logie Baird. Comezou a probar en 1884 pero foi en 1925 cando conseguiu realizar a primeira transmisión televisiva. Na imaxe víase unha cara humana.

A palabra “televisión” vén da palabra grega ‘tele’, que significa ‘distancia’, e da palabra latina ‘visio’, que significa ‘visión’. Non podía ser máis apropiado. A forma abreviada, TV, é tan usual que tamén é oficial dende 1948.

A chegada aos fogares

As primeiras emisións públicas de televisión efectuáronas CBS e NBC en Estados Unidos en 1930. En Europa, foi a BBC One en Inglaterra quen deu o pistoletazo de saída en 1927.

En España tardamos un pouquiño máis. Unha misa, unha actuación dos Coros e Danzas, discursos e un par de entregas do No-Do inauguran as emisións da cadea pública o 28 de outubro de 1956. O sinal só se captaba en Madrid capital e apenas chegou a uns 600 televisores. Non había máis na época.

As cadeas privadas non apareceron ata 1983. A primeira cadea autonómica, ETB, arrincou as súas emisións cunha emisión en probas a Noitevella de 1982.

Un día especial

A televisión converteuse rapidamente nun auténtico fenómeno social, tanto que Nacións Unidas celebrou o 1º Foro Mundial sobre Televisión un 21 de novembro de 1996. E ese día converteuse cada ano no Día Mundial da Televisión.

A nosa proposta para o gran mes da televisión combina cine e historia.

Cita coa historia

En primeiro lugar, unha especial Historia co que faremos un repaso por 12 temáticas que cambiaron a Historia Universal.

Toma nota dalgúns dos protagonistas que están presente no noso especial: Pasteur, Koch, Da Vinci, as pirámides, os neandertales, a Ruta de la Seda, a Segunda Guerra Mundial ou Jesús. Ata 33 títulos cos que tentaremos resolver grandes enigmas, descubir segredos ocultos ou coñecer mellor a grandes personaxes.

Apúntaste?

  • Pasteur & Koch: Medicina y revolución
  • Matar a una reina
  • Los archivos perdidos del Día D
  • El último neandertal
  • Da Vinci y el retrato perdido
  • La gran carrera romana
  • El misterio de las pirámides
  • La Ruta de la Seda
  • Jesús
  • La Segunda Guerra Mundial desconocida
  • Criaturas Mitológicas

Por certo, Canal Historia tamén está de celebración: cumpre 20 anos en plena forma e con ganas de sorprenderte cada día.

Unha boa dose de cine

Como segundo prato, bo cine. Temos dispoñible gratis para todos os clientes de televisión R un Especial FICX. Xixón celebra unha nova edición do Festival Internacional de Cine e, coincidindo co certame, contaremos cunha selección especial de títulos do mellor cine europeo.


Es de clásicos ou prefires as rupturas? Son as dúas categorías nas que está dividido o especial.

De Clásicos no cine europeo

  • ‘Al despertar el día’, de Marcel Carné
  • ‘Boudu salvado de las aguas’, de Jean Renoir
  • ‘Día de fiesta’, de Jacques Tati
  • ‘El diablo, probablemente’, de Robert Benton
  • ‘El hombre con la cámara’, de Dziga Vertov
  • ‘Fedora’ (1978), de Billy Wilder
  • ‘Kon-Tiki. El documental’, de Thor Heyerdahl
  • ‘L’Atalante’, de Jean Vigo
  • ‘Rufufú’, de Mario Monicelli
  • ‘Senso’, de Luchino Visconti
  • ‘Una historia inmortal’, de Orson Welles
  • ‘Quemado por el sol’, de Nikita Mikhalkov

De rupturas no cine europeo

  • ‘El Cielo sobre Berlín’, de Wim Wenders
  • ‘Celebración’, de Thomas Vinterberg
  • ‘El almuerzo desnudo’, de David Cronenberg
  • ‘Decálogo 6: No cometerás adulterio’, de Krzysztof Kieslowski
  • ‘Los idiotas’, de Lars von Trier
  • ‘Following’, de Christopher Nolan
  • ‘La chinoise’, de Jean-Luc Godard
  • ‘Van Gogh’, de Maurice Pialat

Para os máis clásicos, para os fans da acción, para os entusiastas da arte e para os que prefiren a comedia. Títulos e directores que marcaron a historia do cine, na túa televisión.

Dous especiais, dous estilos. Non pelexes por ver estes dous especiais, co deco adicional podes desfrutar de ambos. Sen disputas polo mando .

Feliz Día Mundial da Televisión!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.