menú

O detective Cardinal volve a Calle 13

14/07/2020
Blog R

O thriller non descansa na televisión R. O martes 21 de xullo, Calle 13 estrea nova tempada de ‘Cardinal’.

Cardinal é unha miniserie de 6 episodios dunha hora de duración baseada nas recoñecidas novelas ‘Cuarenta maneras de decir dolor’, de Giles Blunt. O guión da serie está escrito por Aubrey Nealon (‘Orphan Black’).

Unha relación difícil pero efectiva

Dous detectives, dúas personalidades diferentes e complexas, dous métodos de traballo opostos. O detective John Cardinal e a súa compañeira Lise Delorme non teñen case nada en común pero ela e máis el deben unir forzas para resolver un complicado caso.


Coñecéronse cando tiveron que esclarecer o asasinato dunha adolescente cuxo corpo apareceu nunha mina abandonada. Moitas horas de traballo despois e tras algunhas traxedias persoais, Cardinal e Lise aprenderon a entenderse e mesmo a apoiarse.

Esperámoste no misterio das frías e recónditas paisaxes de ‘Cardinal’ na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.