menú

Descubre ‘Lugares Legendarios’ con Discovery Channel

08/07/2020
Blog R

Gústache descubrir segredos ocultos e descifrar enigmas escondidos nos máis singulares lugares? Se é así, estás de sorte porque o martes 14 de xullo Discovery Channel estrea ‘Lugares Legendarios’.

Hai lugares máxicos, épicos, fantásticos e rodeados de carisma e tamén de lendas. Son recunchos que acochan misterios e que estamos seguros de que te fascinarán cando os descubras en ‘Lugares Legendarios’, unha nova serie con Josh Gates á fronte.

Quen é Josh Gates?

O coñecido aventureiro e explorador analiza dende dentro e a través do seu particular punto de vista algunhas das lendas que converteron estes lugares en puntos de culto e de interese mundial e que cada ano son visitados por millóns de turistas. Conta ademais con expertos locais rebosantes de coñecementos sobre a historia destes fantásticos enclaves.

‘Cada un destes lugares está enmarcado por unha historia épica de fondo, unha orixe secreta ou unha tradición esquecida’, apunta Gates, que tamén engade que ‘o mundo é un lugar estraño, salvaxe e marabilloso e non vexo o momento no que compartir estes lugares lendarios coa audiencia’.

En xullo, atrévete a descubrir ‘Lugares Legendarios’ coa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.