menú

Descubre en rebobina ‘Lo mejor de Prime Video’

15/03/2021
Blog R

Coñeces as nosas listaxes na portada de rebobina? Nelas atoparás unha selección de títulos listados para ti coas últimas novidades, especiais,… e a nosa última incorporación é ‘Lo mejor de Prime Video’, perfecta para que atopes as últimas novidades e as estreas máis relevantes de Amazon.

E estes son, precisamente, algúns dos contidos máis destacados que te esperan en Amazon Prime Video en marzo.

‘El rey de Zamunda’

Akeem e Semmi están de volta. Ambientado no exuberante e real país de Zamunda, o recentemente coroado rei Akeem (Eddie Murphy) e o seu confidente de confianza Semmi (Arsenio Hall) embárcanse nunha nova e divertida aventura que os leva a percorrer o mundo dende a súa gran nación africana ata o distrito de Queens, Nova York, onde comezou todo. ‘El rey de Zamunda’ chega a Amazon Prime Video o venres 5 de marzo.

‘La Templanza’

Leonor Watling e Rafael Novoa protagonizan ‘La Templanza’, adaptación da exitosa novela de María Dueñas. Ambientada a finais do século XI entre México, Londres, Cuba e España, conta a historia de superación persoal e segundas oportunidades de Mauro Larrea e Soledad Montalvo, cuxos camiños se cruzan nun contexto repleto de incerteza, á vez que se xesta a creación dun imperio. Descúbrea a partir do venres 26 de marzo.

‘Infierno en la frontera’

Baseada na incrible historia real, ‘Infierno en la frontera’ segue a Bass Reeves na súa procura para levar a un foraxido mortal ante a xustiza e converterse no primeiro Marshall negro de EE.UU. no Salvaxe Oeste. Ron Perlman protagoniza este épico western que podes ver en Amazon Prime Video dende o mércores 31 de marzo.

Así que, xa sabes, só tes que acceder á portada de rebobina do teu deco 4K e desfrutar dos teus contidos favoritos con ‘Lo mejor de Prime Video’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.