menú

Nick Jr, canle en aberto en agosto

26/07/2018
Blog R

A partir do mércores 1 de agosto, Nick Jr (dial 150) emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, se tes tv ocio ou tv series desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece Nick Jr. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle se contratas as novas opcións tv festa ou tv festa rachada.

A canle que combina diversión e educación

Nick Jr. é unha canle infantil que demostra cada día que educar divertindo non só é posible, tamén é recomendable 🙂.

En agosto, a canle emite novos episodios dalgunhas das súas series máis queridas, como ‘Nella, una princesa valiente’. Nella é unha princesa nada convencional que combina á perfección a elegancia da realeza coa valentía máis guerreira, calidades que usa para salvar ao seu reino de todo tipo de perigos.

As mellores series

‘Blaze y los Monster Machines’, ‘La patrulla canina’ o ‘Rusty Rivets’ tamén nos ofrecen novas aventuras en agosto. Pero, ademais, contas con series que os divertirán como ‘Top Wing’,’Shimmer Shine’, ‘Dora la exploradora’, ‘Dora y sus amigos en la ciudad’…

Lembra, durante todo agosto os pequenos da casa desfrutarán en abierto de Nick Jr no dial 150 da televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.