menú

‘Deputy’, a nova aposta policial de Calle 13

16/09/2020
Blog R

De capturar criminais a relacionarse coa clase política. ‘Deputy’ está protagonizada polo avogado Bill Hollister, quen se converte en shériff de forma inesperada. Coñéceo en Calle 13 o venres 18 de setembro.

Bill Hollister é agora o shériff do condado. Como chegou ata aquí?

Cando o comisario electo do condado de Los Ángeles morre, unha regra arcana e absurda forxada no salvaxe oeste empuxa ao home máis improbable ao traballo. Un home de lei máis cómodo derrotando aos malos que navegando por un mar de política aínda que, iso si, o seu obxectivo seguirá sendo o mesmo e non descansará ata que se faga xustiza.


Non lle gusta seguir as regras, é imprudente e consegue inimigos e demandas alí por onde pasa. Non será fácil que se amolde ao seu novo rol de autoridade policial, cun grupo de oficiais expertos ao seu cargo e mergullándose en complicadas investigacións que implican a cuadrilleiros e narcos.

Do xulgado á comisaría

‘Deputy’ é un drama policial moderno que nos lembra ás pelis e vinganzas do salvaxe oeste e que conta co aval de Will Beal, recoñecido polo seu traballo en ‘Aquaman’ e ‘ Gangster Squad’, como escritor e produtor.

O papel protagonista da serie interprétao Stephen Dorff, o malvado vampiro Deacon Frost de ‘Blade’, pai atormentado en ‘Somewhere’ e investigador incisivo na terceira tempada da recoñecida ‘True Detective’. Precisamente nesta serie participou tamén outra das protagonistas de ‘Deputy’, Yara Martínez.

Apúntaste a perseguir os malos? Temos novo shériff na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.