menú

Deportivo – Lugo, duelo galego na televisión R

03/01/2019
Blog R

Este domingo celébrase o Día de Reis. Pero tamén un partido moi especial, xa que se enfrontan os dous equipos galegos que temos en LaLiga 123.

Goza do encontro a través da televisión R, no dial 82. Dispoñible a través de LaLiga 123 TV para calquera cliente con tv familia, tv total, tv festa rachada e a opción LaLiga 123.

17:30 horas

O encontro comezará o domingo, 6 de xaneiro, ás 17:30 horas. Os deportivistas, cuartos na clasificación, reciben os lucenses tras perder no seu último partido fronte ao Cádiz.

Pola súa banda, o Lugo chega a Riazor tras empatar en casa contra o Sporting e seguir na metade da táboa.

Derbi

Trátase dun encontro especial, xa que o duelo entre o Deportivo e o Lugo será o único derbi que veremos esta tempada dentro de LaLiga 123.

Ambos os equipos enfrontáronse por última vez en partido oficial na tempada 2013-14. Naquela ocasión os partidos acabaron con táboas, xa que en Riazor empatou a cero e no Anxo Carro a 2.

Anos despois verémolos enfrontarse de novo, polo que podes gozar deste momento no dial 82 da túa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.