menú

Comeza a tempada de deportes de inverno en Eurosport

13/11/2018
Blog R

Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) emiten unha nova tempada de deportes de inverno coa cobertura das Copas do Mundo, Campionatos do Mundo e Campionatos de Europa de diferentes disciplinas deportivas de inverno e de xeo.

Dende o sábado 17 de novembro, a canle emite en directo a Copa do Mundo de Esquí Alpino e o Campionato de Europa de Curling. Os deportes de inverno, na televisión R.

Esquí alpino

Do sábado 17 de novembro ao venres 30 de novembro, Eurosport 1 emitirá as probas masculinas e femininas que se celebran en Canadá, Finlandia e Estados Unidos correspondentes á Copa do Mundo nas súas distintas categorías: descenso, super- xigante, slálom, slálom xigante e super-combinada.

Os días 17, 18, 24, 25 e 30 a competición desenvólvese en Canadá; o sábado 17 e o domingo 18, en Finlandia; e os días 24, 25 e 30 dispútase en Canadá.

Curling

Eurosport 1 e Eurosport 2 emiten do 17 ao 24 de novembro o Campionato de Europa de Curling. A edición deste ano celébrase en Estonia.

Trátase dun deporte que se practica nunha pista de xeo entre dous equipos de catro xogadores. Consiste en facer deslizar uns bloques de pedra ou metal de tal xeito que queden o máis próximos posible a un branco formado por tres circunferencias concéntricas e así conseguir o máximo de precisión. Os compañeiros do lanzador utilizan cepillos o vasoiras para puír o xeo que o bloque percorrerá na súa traxectoria; cada xogador lanza dous bloques en cada unha das dez mangas das que consta un partido.

Eurosport 1 e 2 emiten tamén durante o mes de novembro campionatos e competicións de patinaxe artística e snowboard.

Desfruta dos mellores deportes de inverno en Eurosport.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.