menú
deco 4K de R: elimina contenidos de la lista continuar viendo

Nova mellora no deco 4K de R: elimina contidos da lista “continuar vendo”

02/09/2019
Blog R

Ola. Acabamos de incorporar unha nova funcionalidade ao noso deco 4K da televisión R. Agora xa podes eliminar unha serie ou película da túa lista de contidos da sección “continuar vendo” de rebobina.

Ás veces empezas unha serie para ver de que vai pero non che acaba de convencer ou xa terminaches todos os episodios pero segue aparecendo na sección “continuar vendo”. E se es dos que picotea moito, a lista será bastante grande .

Dende o botón “a miña tv”

Moitos nos estabades pedindo incorporar a posibilidade de eliminar eses contidos porque xa non vos interesa que se mostren aí. Dito e feito, agora xa está dispoñible.

Para facer limpeza no teu rebobina, só tes que ir á sección “a miña tv” e seleccionar “continuar vendo”. Selecciona o contido que queres eliminar e pulsa a opción “quitar da lista”. A serie desaparecerá da pantalla, así de fácil.

Os contidos que empezaches a ver

Lembra que a lista “continuar vendo” é unha forma sinxela de acceder aos novos capítulos da serie á que estás enganchado. Ou ben para continuar un programa ou película que deixaches a medias. Así non tes que andar navegando ou buscando o contido por canle ou categoría. Aí tes un acceso directo.

Non deixamos de traballar para mellorar o servizo e ofrecerche cousas que nos pides. Esperamos que che guste esta novidade e, con calquera dúbida, quedamos á túa disposición.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

12 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Concha di:

    No sé donde está la opción ” quitar da lista”.

  2. Avatar Concha di:

    No me aparece la opción ” quitar da lista” cuando selecciono el programa que quiero eliminar.

  3. Avatar Suso Precedo di:

    Gustaríame máis que funcionase ben, que non foran continuos os cortes ou que a pantalla quede en negro, só co son; gustaríame que as cousas funcionen, aínda cando poñas unha queixa por dito motivo e que non pechen a incidencia até solucionalo ou darche un resposta, non pechar sen máis, pois se aínda por rriba tómome a molestia de perder un ánaco do meu tempo para dicirvós cousas que non funcionan, vós non lle facedes p…caso; en fin, gústabame máis antes R, antes de serEuskatel (ou Virgin), imos a pior!

  4. Avatar Pepa di:

    ¿Dónde está la opción “quitar de la lista”?