menú
Más horas de grabación en el deco 4K

Nova mellora no deco 4K de R: aumentamos as horas de gravación

06/09/2019
Blog R

Ola. Seguimos incorporando melloras ao noso deco 4K da televisión R. Acabamos de aumentar as horas de gravación do servizo gravador na nube. Agora os clientes da opción tv series e tv ocio dispoñedes dun máximo de 350 horas ao mes, en lugar das 25 horas que desfrutabades ata agora. Como ves, a mellora é importante.

Como sabes, o gravador na nube permíteche gravar os contidos que máis che interesan dunha serie de canles e telos dispoñibles ata un mes para ver cando ti queiras.

350 horas de gravación

Ata agora se tiñas contratado o paquete tv series ou tv ocio, podías gravar ata 25 horas na nube. Se che quedaba curto, non te preocupes porque o aumentamos a un máximo de 350 horas. Con esta mellora igualamos as horas de gravación para todos os clientes co deco 4K da televisión R.

Como funciona?

O gravador permíteche gravar películas e todos os capítulos dunha serie cun só botón. Tes dúas opcións para facelo: directamente dende o contido que estás a ver, pulsando o botón vermello de gravación do mando, ou programar a gravación dende a guía de programación. Así non tes que estar pendente de gravar algo para que se emita.

Para programalo, só tes que buscar na grella o contido que che interesa e darlle a gravar, preguntarache se queres gravar ese contido puntual ou o resto de episodios que se emiten. Dese xeito, fai un seguimento por ti.
Grabación deco 4K grabar episodios

Dispoñible durante un mes

As series ou pelis que graves estarán dispoñibles para que as vexas cando queiras durante un mes. Pasado ese tempo desaparecerán, a non ser que o volvan a emitir.

Para acceder ao contido que gravaches, segue a ruta a miña tv > gravacións do deco 4K. Aí verás o que xa está completo e o que programaches para gravar.
Grabación deco 4K mis grabaciones
Como ves, o gravador resulta moi útil porque podes ver o que che interesa aínda que xa caducase de rebobina.

Esperamos que che gustase esta noticia. E con calquera consulta, por aquí andamos

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

10 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Manuel Magdalena Martínez di:

    Cómo sé si tengo un deko 4k ?

  2. Avatar Javier I.D. di:

    Unha mágoa que non o teñamos todos .
    A ver se sacades unha boa oferta para os que levamos tempo con vós.

  3. Avatar Angel di:

    Bo día,
    Para cando a aplicación da Tv no amazon fire TV?
    Hai previsións?

  4. Avatar Juan Carlos di:

    Hola, buenos días.

    En mi caso acabo de pasarme justo esta mañana al combo 200 total 4K, entro dentro de esta mejora? cuantas horas de grabación tendré disponibles cuando instale el deco 4K?

    Muchas gracias por atención.

  5. Avatar Francisco de las Heras Regueiro di:

    Soy cliente de —R–, tengo el combo –festa rachada– estoy pagando a mitele 19,90 euros -mes–y veo los partidos del DEPORTIVO, EN EL ORDENADOR , Me dijeron que R, IBA A DAR LOS PARTIDOS DE 1 Y 2 Division a los que teniamos el —4K– YO LO TENGO, QUE PASA?? NO HAY ACUERDO?? –R- Tiene todos los datos, vivo en Ferrol, tengo la mencion de Plata, y el Router con 350 mgs mi telef movil lo tienen ahí , es sencillo- pues NO puedo usar el bueno por una lesion que me afecta al brazo, con un 71% de discapacidad, mi mujer usa el de R Y LE VA BIEN. sin otras les saluda. Francisco