menú

De Cruz del Sur ao Oasis

16/04/2020
Blog R

Maca e Zulema cortan a coleta. ‘Vis a Vis’ estrea a súa quinta e última tempada, ‘Vis a Vis: El Oasis’, o luns 20 de abril en FOX. Cada novo episodio teralo dispoñible en rebobina tras a súa emisión na canle e tamén, a cuarta tempada da serie ao completo para que poidas poñerte ao día coas andanzas en Cruz del Sur.

Tras anos dando paus en xoierías, bancos e casinos, chegou o momento de separarse pero non sen antes dar un último golpe. Unha despedida ao grande: ‘El último brindis’.

Un plan perfecto

Maca e Zulema, expresas e exinimigas, agora socias, queren roubar unha tiara de diamantes coñecida como ‘Las seis lágrimas de Veracruz’ polos seis inmensos diamantes que a compoñen.

Para organizar o atraco, o primeiro é un bo plan. A Zulema gústalle traballar soa ou en parella, pero nesta ocasión necesitan un grupo para poder levar a cabo o roubo.


O golpe producirase durante o banquete da voda de alta pompa da filla dun narco mexicano e debe ser rápido, sen vítimas e sen complicacións.

Unhas horas despois reuniranse para repartir o botín no Hotel Oasis, no deserto de Almería, e se che vin non me acordo. Pero, como xa vos imaxinades, o plan non sae como estaba previsto…

Da inocencia á supervivencia

Pouco queda xa daquela moza e inxenua Macarena que coñecemos na primeira entrega de ‘Vis a Vis’. Enganada polo seu xefe, acaba no cárcere Cruz del Sur por varios delitos de manipulación e malversación de contas.

Non tarda en descubrir que se quere sobrevivir alí dentro debe converterse noutra persoa moi distinta e, aos poucos, vaise implicando na vida nunha prisión liderada por Zulema, a interna máis perigosa do centro.

Unha aposta audiovisual arriscada: un thriller carcelario

‘Vis a Vis’ reflicte o día a día das presas e dos funcionarios da penitenciaría, ademais da transformación dunha persoa inofensiva, aparentemente incapaz de facer dano, nunha sobrevivente que vai deixando de lado os seus escrúpulos.

Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

‘Vis a Vis’ é un thriller carcelario español na liña de grandes éxitos internacionais como ‘Prision Break’ e ‘Orange is the New Black’. A serie supuxo unha aposta innovadora por unha nova forma de facer ficción que tantas alegrías nos deu. Sabes que comparte equipo técnico con ‘La casa de papel’?

Este equipo foi capaz de transformar unha antiga fábrica de L’Oreal nunha inconfundible prisión televisiva e a el debémoslle tamén o gran sinal de identidade da serie: a cor amarela. ‘La Marea Amarilla’ converteuse no berro de guerra que aglutina a un fenómeno fan multitudinario que traspasa as pantalla da tele.

Unha auténtica ‘Marea Amarilla’ de premios e recoñecementos

Najwa Nimri, Maggie Civantos, Alba Flores, Inma Cuevas, Itziar Castro ou Berta Vázquez forman parte dun elenco que toda serie querería. De feito, o grupo feminino de intérpretes ao completo recibiu o Premio Ondas, un recoñecemento inédito na historia do prestixioso certame.

E moitos máis premios: Fotogramas de Prata á Mellor serie e os Premios da Unión de Actores ás actrices do seu elenco: Maggie Civantos, Alba Flores e Inma Cuevas; Premio ao Descubrimento do Ano e o Premio á Mellor Dirección no FesTVal de Vitoria, Mellor Ficción de España na 18ª edición do Festival de Luchon (Francia). Vaia historial!

Así que xa sabes: temos un pedazo de diamante e temos un elaborado plan de roubo, nada pode saír mal… ou si?

‘A Marea Amarela’ espérate na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.