
Contrata DAZN en R e goza do mellor deporte
En R arrincamos unha nova tempada de deporte cargados de novidades e boas noticias para os clientes. Dende …. xa podes contratar DAZN a través de R e gozar do mellor deporte en directo e á carta. Ademais, por ser de R, tes vantaxes exclusivas.
Que é DAZN?
DAZN é unha plataforma de streaming que emite exclusivamente deporte a través de calquera dispositivo con conexión a internet: no deco 4K (Android TV), móbiles, tabletas, televisores intelixentes (que se conecten a internet), videoconsolas (PS4 e Xbox One), Google Chromecast, Apple TV e Amazon Fire TV.
Podes ver deporte en directo e á carta.
Que opcións de contratación teño de DAZN?
Ofrecemos dúas opcións de contratación:
1. DAZN Esencial
2. DAZN Total
Que deportes se poden ver en DAZN Esencial?
Fórmula1®: Toda a tempada de Fórmula 1®.
Motociclismo: Toda a tempada de MotoGP e World SBK.
Fútbol: Copa do Rey, a Premier League, a Carabao Cup, a FA CUP e a Copa Libertadores.
Baloncesto: A Euroliga, a Eurocup e a Basketball Champions League.
Deportes de loita: UFC e o mellor boxeo.
Outros: Os Gran Slams de tenis, como Roland Garros, US Open e Australian Open; as voltas ciclistas e moitos eventos deportivos máis, así como gran variedade de documentais, reportaxes e entrevistas relacionados con estas competicións.
Que deportes se poden ver en DAZN Total?
Ademais de todo o contido que che indicamos arriba que inclúe DAZN Esencial, se contratas DAZN Total podes ver 5 partidos de LaLiga Santander cada xornada.
Como podo contratar DAZN?
A mellor forma de facelo é a través da área de cliente de R, accedendo dende a web (https://clientes.mundo-r.com) ou a través do teu teléfono móbil ou tableta descargando a app de R, dispoñible tanto para Android como para iOS.
Tes dúas opcións diferentes e independentes de contratación: DAZN Esencial ou DAZN Total (que inclúe 5 partidos por xornada de LaLiga Santander + todo o contido de DAZN Esencial).
Canto costa DAZN?
DAZN Esencial ten un prezo de 12,99€ ao mes e DAZN Total costa 24,99€ ao mes. Pero, no caso de DAZN Total, ofrecemos un desconto aos nosos clientes segundo o servizo que teñan contratado.
Desconto e vantaxes de contratar DAZN a través de R
Como cliente de R, podes gozar de condicións e vantaxes exclusivas ao contratar DAZN Total.
Se es cliente de fibra + TV, terás un desconto de 5€/mes en internet durante 12 meses. E se só tes fibra, o desconto é de 1€/mes.
En ambos os casos gañarás tamén en comodidade, xa que o custo de DAZN inclúese na túa factura mensual de R.
Hai compromiso de permanencia en DAZN?
No caso de R, ofrecémosche DAZN sen compromiso de permanencia. Poderás darche de baixa cando queiras ou cambiar de produto facilmente a través da área de cliente de R.
Así que, xa sabes, con R podes gozar da mellor oferta con fibra e móbil e agora, tamén, do mellor deporte e de LaLiga Santander contratando DAZN a través de R.
10 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Bueno, descuento… Te ahorras dinero solo en el caso de que te des de baja antes de los 12 meses porque el precio de Dazn total es 19,99€ en la modalidad de suscripción anual, realmente no estais descontando nada, por no hablar de los que solo tengan el “descuento” de 1€, a esos les sale más caro que contratarlo directamente en Dazn.
Hola.
El precio mensual de DAZN total es de 24,99€. La cuota de 19,99€ es, efectivamente, si lo contratas con una permanencia de 12 meses.
Con nosotros pagarías esos 19,99€ si tienes internet y TV, y sería sin permanencia.
Un saludo.
¿Y dónde está el descuento? Lo que ofreceis es la ventaja de no tener la obligación de pagar las 12 cuotas con lo que el cliente solo tendría un ahorro real si da de baja el servicio antes de esos 12 meses.
Teniendo en cuenta que quien contrata la opción total es por el fútbol y que la liga termina en junio, salvo algun caso excepcional, lo normal es que mantengas la suscripción.
¿Descuento que disfruta el cliente? 0€. ¿Y los clientes que solo tienen internet? Vaya, pagas 48€ más con el descuentazo que te hace R
Hola.
Ofrecemos el descuento de suscripción anual pero sin permanencia y acorde con la contratación.
Damos la facilidad de incluir la suscripción en la factura que tengas.
El cliente puede valorar si le compensa hacerla con nuestra modalidad o directamente desde DAZN.
Un saludo.
Estoy intentando contratar Dazn y me resulta imposible
Hola, José Luis.
Si no has podido activar DAZN, para poder ayudarte con su contratación comunícate con mis compañeros de atención de cliente en el 1449 opción 3.
Un saludo.
si teño fibra,e reuno as condicions pro desconto de 5 euros
Ola, José Luis.
Para o desconto de 5€ tes que ter ademáis de internet unha das nosas opcións de tv.
No momento da contratación na área de clientes/app xa che indica o desconto que terías: http://i.r.gal/5z7
Un saúdo.
Cuantos dispositivos se pueden conectar a la vez?
Hola, Rebeca.
Puedes ver DAZN en 2 dispositivos simultáneamente, siempre y cuando lo hagas desde el mismo punto de acceso a la red.
Puedes registrar hasta un máximo de 3 dispositivos en tu cuenta DAZN.
Un saludo.