menú

Os crimes volven ao Caribe

07/07/2020
Blog R

Chega a calor e ‘Crimen en el paraíso’, un clásico do verán, regresa a COSMO o domingo 12 de xullo coa súa novena tempada e un novo detective.

Calor, augas cristalinas, praias paradisíacas, bo ambiente… e crimes. Apeteceríache visitar a illa de Saint Marie? Non dubidamos de que se trata dun lugar de conto, pero tampouco imos negar que ten un problemiña coa súa alta criminalidade, non cres? De todos os xeitos, o problema está resolto cando tes un bo detective, e a todo un equipo, ao que non se lle escapa nin un detalle.

‘Crimen en el paraíso’ desenvólvese nun arquipélago caribeño, concretamente na ficticia Saint Marie. Nesta illa os asasinatos parecen ser a tónica habitual do lugar e o equipo de policía segue investigando e resolvendo misteriosos crimes: dende un aparente asasino en serie a véspera de Aninovo ata o achado dunha artista que foi envelenada no seu estudo.

Cando o amor chama á porta

O detective Jack Mooney estableceuse nesta paradisíaca illa e ademais coñeceu a Anna, unha muller divorciada que se atopa facendo turismo e que é testemuña nunha importante investigación criminal, así que Mooney decide abandonar Saint Marie para viaxar polo mundo coa que xa é oficialmente a súa nova noiva. Quen ocupará o seu posto?

Tras a marcha do inspector Mooney, a policía de Honoré debe atopar rapidamente un sustituto. Dende Manchester chega o inspector Neville Parker coa misión de resolver o aparente suicidio dun turista británico.

A Neville non lle gusta viaxar, é moi despistado e ten moitos problemas de saúde: basicamente, é alérxico a todo e a súa pel quéimase moi facilmente, así que non é precisamente a persoa máis adecuada para vivir no Caribe. O seu equipo mírao con receo e o comisario Selwyn cre que non é apto para o posto pero, sorprendentemente, os crimes resólvense.

Unha das características desta serie é a presenza de actores convidados moi coñecidos, e os novos episodios non serán unha excepción. Na novena tempada aparecerán, entre outros, Amanda Hale (‘Catastrophe’), Louise Brealey (‘Sherlock’), Nina Wadia (‘Origin’), Samantha Bond (‘Downton Abbey’) ou Alexander Vlahos (‘Versailles’). Todos eles descubrirán que a morte axexa nunha illa que nin moito menos é tan paradisíaca como a pintan.

A nova tempada promete non defraudarnos cuns casos que poñen a proba as capacidades dedutivas dos protagonistas e dos espectadores.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.