menú

“Crimen en el paraíso” volve a COSMO

03/07/2019
Blog R

Os asasinos non marchan de vacacións este verán na televisión R. A oitava tempada de “Crimen en el paraíso” estréase en COSMO o domingo 7 de xullo ás 22:00 h.

No primeiro capítulo da tempada, un pasaxeiro é apuñalado no autobús de liña regular a Honoré. A sorpresa é maiúscula cando descobren que todos os viaxeiros tiñan algún motivo para matalo. Con todo, ninguén abandonou o seu asento en toda a viaxe. Como puido cometerse o asasinato?

Crimes nunha contorna idílica

“Crimen en el paraíso” desenvólvese no arquipélago caribeño, concretamente na ficticia Saint Marie que, en realidade, é a illa de Guadalupe, territorio francés. Nesta illa, os asasinatos parecen ser a tónica habitual do lugar. Mooney e o seu equipo seguirán investigando e resolvendo os misteriosos crimes.

Esta popular serie de crime e misterio combina elementos de títulos emblemáticos do xénero como “Se ha escrito un crimen” ou “Poirot”. Pero, a diferenza doutras producións de investigación criminal, en lugar de transcorrer en Londres ou en Manchester, a acción ten lugar nunha paradisíaca illa. O exótico da súa contorna é parte do encanto desta produción.

Que non falte o humor

Jack Mooney (O’Hanlon), o protagonista, é un detective que con gran pericia tentará resolver os complicados asasinatos ao longo dos novos episodios. A oitava tempada consta de oito novos casos. O inspector de Saint Marie é irlandés, educado e amable. Resulta fácil subestimalo cando empeza a investigar un caso porque, ás veces, déixase levar por algunhas excentricidades. Mooney, con todo, ten unha gran intuición, que é a súa arma secreta para atopar aos culpables.

Novidades no equipo de investigación

Para axudarlle a resolver os complicados casos, o protagonista conta coa axuda dos habituais da serie que conforman o seu equipo de confianza, aínda que nos novos capítulos tamén haberá cambios no elenco. Continúan Don Warrington como o Comisionado Selwyn Patterson; Josephine Jobert interpretando a Florence Cassell e Tobi Bakare como JP Hooper.

Tras a marcha do Dwayne Myers (Danny John-Jules), hai un posto libre na comisaría de policía de Saint Marie, pero non por moito tempo. Rudy, a sobriña do Comisionado Patterson, únese ao equipo dende o segundo capítulo desta tempada e estará ansiosa por demostrar a súa valía. Recentemente saída da Academia de Policía e de carácter alegre, será de gran axuda para as investigacións do Inspector Mooney.

Unha das características desta serie é a presenza de actores convidados moi coñecidos e os novos episodios non serán unha excepción. Na oitava tempada aparecerán, entre outros, Charlotte Richie (“Call The Midwife”), Richard James-Collier (“Downton Abbey”) ou Anna Chancellor (“The Crown”). Todos eles descubrirán que a morte axexa nunha illa que nin moito menos é tan paradisíaca como a pintan.

Como ver “Crimen en el paraíso” en R

Podes ver “Crimen en el paraíso” se tes contratadas as opcións tv familia ou tv series. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 25
  • León y Cantabria: dial 24

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

Ademais, terás os episodios dispoñibles no noso servizo de rebobina, para que poidas velos cando queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.