menú

Galicia, Asturias e Euskadi, terras de lendas e mitos

07/02/2020
Blog R

Gardiáns dos bosques, trasgos e feiticeiros, pantasmas, ánimas e espectros. A cultura popular do norte da Península está repleta de mitos, lendas e criaturas mitolóxicas. Que sabedes da ‘Santa Compaña’, do ‘Trasgu’ ou de ‘Basajaun’?

Algúns están escondidos en tenebrosas covas, outros proceden do inframundo e algúns chegan dende mundos paralelos. Sexa cal sexa a súa orixe, o que está claro é que todos eles forman parte da nosa identidade e merecen que os coñezamos un pouco máis, non credes?

Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

Galicia, a terra da ‘Santa Compaña’

Na terra das ‘meigas’ (‘Eu non creo nas meigas, mais habelas, hainas’) son expertos en supersticións. E unha das máis inquietantes é a da ‘Santa Compaña’.

Cada noite do día de Defuntos ponse en marcha unha singular comitiva de almas en pena vestidas con túnicas con carapucha. Ao seu paso van rezando e entoando cantos fúnebres mentres tocan unha pequena campaniña. Esta tenebrosa procesión non é para todos os públicos; só poden vela aqueles que posúen o ‘don’.

Se non queres unirte a tan singular grupo, a lenda di que debes debuxar un círculo no chan, portar unha cruz ou optar pola solución máis sinxela, saír correndo en dirección contraria.

As procesións dan moito de si en Galicia. Tamén é moi popular a ‘Procesión das Xas’, aínda que aquí os que van en procesión son persoas vivas que portan un cadaleito. A lenda popular di que morrerán antes os que máis preto estean…

Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

A marcha da ‘Santa Compaña’ chegou a Asturias, aínda que alí a coñecen como a Güestia e cambiaron as velas por ósos acesos.

O ‘Trasgu’, o trasgo de Asturias

Por terras asturianas móvese tamén o ‘Trasgu’, un pequeno trasgo traveso de aparencia humana que sempre vai vestido con blusa e gorro vermellos. Adoita ser coxo ou ter a man esquerda furada. E estes defectiños son os que che poden valer para conseguir que marche da casa e deixe de molestar, unha tarefa nada fácil…

A mitoloxía asturiana ten moitos outros personaxes: o xigante ‘Nuberu’ que controla o tempo; o ‘Busgos’; os ‘Espumeros’…

‘Basajaun’, o señor dos bosques vasco

En Euskadi atopámonos con ‘Basajaun’, o señor dos bosques. Terrorífico ou protector? A súa forza colosal, o seu gran tamaño, o seu corpo recuberto de pelo e o seu pezuño non axudan a velo como un ser entrañable. Así o describe a cultura popular e tamén a exitosa saga literaria ‘La Trilogía del Baztán’, de Dolores Redondo.

Pero, máis aló da súa ruda aparencia, ‘Basajaun’ vive para a natureza e para os animais, aos que defende con tesón e coñece como ninguén.

A súa parella é a ‘Basandere’, a quen a lenda sitúa nas entradas das covas peiteando a súa cabeleira cun peite de ouro.

As covas vascas son unha fonte inesgotable de personaxes mitolóxicos. Sóavos ‘Zezengorri’? É ese touro vermello que aterroriza a aqueles atrevidos que procuran os supostos grandes tesouros que esconden as covas nas que moraba a poderosa deusa Mari.

‘Criaturas legendarias’, nova serie en Historia

Historia estrea o martes 11 de febreiro a serie ‘Criaturas legendarias’.


Ao longo de seis episodios coñeceremos lendas como as do ojáncano, o cuélebre, os dragóns e as anjanas. Máis aló de coñecer as diferentes criaturas que constitúen a mitoloxía española, a serie tamén tenta desmontar aquelas historias que tiveron a súa parte histórica e a súa parte mística, tratando de desvelar que foi o que ocorreu realmente.

Acompáñasnos nesta mitolóxica viaxe coas criaturas máis dispares? Na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.