menú

COSMO estrea o thriller ‘Ártico’

11/03/2019
Blog R

COSMO (dial 25) estrea o luns 18 de marzo, ás 22:00 h, ‘Ártico’, un novo thriller de produción finlandesa, coproducido con Alemaña. Frío e crime, na televisión R.

‘Ártico’ está ambientada nas paisaxes xeadas de Laponia. Un escenario abatido no que as baixas temperaturas e as tormentas de neve dificultan moito o traballo da policía.

Un crime baixo cero

A serie comeza cando Nina Kautsalo, unha oficial de policía da zona, atopa unha prostituta moribunda e encadeada nunha vella cabana no medio da nada.

A investigación criminal resultante toma un xiro sorprendente cando se descobre un virus mortal no sangue da meretriz. Con todo, cando Thomas Lorenz, un virólogo alemán, viaxa a Laponia para investigar o virus, atópase de súpeto no medio dunha investigación criminal sumamente inusual.

Comeza unha carreira contra o tempo para previr unha epidemia global que requirirá grandes sacrificios por parte de Nina e Thomas e coas paisaxes frías e xeadas do inverno de Laponia como testemuña silenciosa do que realmente está a ocorrer.

Os protagonistas

‘Ártico’ está protagonizada pola actriz finlandesa Lina Kuustonen, coñecida polas súas aparicións na serie ‘Syke’. Conta tamén coa participación de Clemens Schick (‘Casino Royale’) e do islandés Joi Johannsson (‘Fortitude’). Schick interpreta a un multimillonario CEO dunha compañía farmacéutica para a que Lorenz traballara con anterioridade e que financiou as súas investigacións. A súa chegada complica moito a investigación deste inusual caso.

‘Ártico’ está recoñecida como unha das propostas máis atractivas da última tempada televisiva no vello continente, xa que foi seleccionada como un dos seis dramas novos máis interesantes presentados na última edición do Cannes MIP Drama Buyers Summit.

Inscríbese no amplo xénero das series criminais nórdicas, o denominado nordic noir, que se converteu en todo un fenómeno mundial.

‘Ártico’, cuxo título orixinal é ‘Ivalo’, nome do municipio no que se desenvolve a acción, consta de dez capítulos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.