menú

COSMO estrea a comedia ‘Motherland’

20/04/2021
Blog R

A difícil conciliación de familia e traballo é o dilema que, en clave de humor, nos trae ‘Motherland’, a serie que se estrea en COSMO o venres 23 de abril ás 22:30 h.

A serie, con esa característica ‘flema británica’, explota con grandes doses de humor os momentos máis cínicos, hilarantes e competitivos dun grupo de pais e nais que coinciden nas actividades escolares dos seus fillos.

Uns protagonistas moi divertidos

‘Motherland’ vainos facer sentir moito mellor como pais. Os personaxes desta divertida comedia tratan de facelo o mellor que poden. Con todo, o resultado vai ser ‘esoutra cara da maternidade’ que dista moito de ser politicamente correcta, pero que nos fará rir a gargalladas.

Comezamos por Julia, unha nai traballadora moi abafada que tenta compaxinar como pode o coidado dos seus fillos e o seu traballo, pero todo lle sae ‘regulín’. Liz é outra nai que cre que aos nenos hai que darlles renda solta e deixarlles que se expresen. Amanda é a abella reina do clan das nais alfa. Sempre ten todo baixo o seu control. E Kevin, o único home, é un orgulloso pai que queda na casa e acéptao con entusiasmo para irritación das outras nais que compiten por instaurar unha disciplina organizativa en todo o que afecta á educación dos seus fillos.

Da creadora de ‘Catastrophe’

A actriz e guionista Sharon Horgan, gañadora dun BAFTA e nominada ao Emmy por ‘Catastrophe’, está detrás deste proxecto que conta tamén entre os seus guionistas con Graham Linehan, gañador do BAFTA por ‘The IT Crowd’.

Anna Maxwell Martin, Paul Ready, Diane Morgan, Lucy Punch e Philippa Dunne métense na pel dos/as ‘asfixiados/as’ proxenitores/as que protagonizan ‘Motherland’.

Non perdas a nova comedia da televisión R!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.