menú

COSMO estrea ‘El escándalo de Christine Keeler’

18/06/2020
Blog R

Unha moza aspirante a modelo, un popular político e unha relación clandestina. A serie ‘El escándalo de Christine Keeler’ revive o caso Profumo, un romance prohibido que acabou co goberno británico nos anos 60. Descubre a historia de Christine e John en COSMO o luns 22 de xuño ás 23:00 h.

Quen é Christine Keeler?

Londres, principios dos 60. Keeler é unha ambiciosa adolescente que chega a Londres disposta a escapar dunha paupérrima vida familiar. Pronto descobre que o seu atractivo físico lle pode abrir moitas portas. Empeza a traballar xunto coa súa amiga Mandy como modelo e bailarina en diferentes clubs e ambas coñecen ao doutor Stephen Ward. El lévaas a luxosas festas ás que asiste tamén xente poderosa e preséntalles a importantes personalidades británicas e estranxeiras coas que as mozas intiman a cambio de prebendas ou favores de todo tipo.


Todo parece ir ben, diñeiro, luxo e diversión, pero a situación complícase cando Christine coñece a John Profumo, ministro británico da guerra, e inician unha tórrida relación que acaba saíndo á luz con consecuencias políticas inesperadas.

Un xuízo persoal, social e político

Christine Keeler aínda non cumprira 20 anos cando a súa vida se viu exposta ao xuízo público nun dos escándalos máis controvertidos dos tempos modernos que forzou a renuncia do Primeiro Ministro Harold MacmillaHarold Macmillan e do ministro de Guerra John Profumo, xulgado por manter relacións con Christine.

Amanda Coe, novelista e guionista galardoada co BAFTA, esta detrás desta miniserie de 6 episodios na que se mergulla neste escándalo sexual, de espionaxe e mentiras protagonizada por James Norton, Sophie Cookson, Emilia Fox, Ellie Bamber e Ben Miles.

Descubre na televisión R o escándalo que fixo cambalear ao mismísimo Goberno Británico.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar ELISA GÓMEZ PEDRAJA di:

    Vivía en Londres cuando estalló este escándalo. Andábamos de cotilleo en cotilleo… Por entonces también salió a la luz un affair del embajador de España en Gran Bretaña, don Miguel Primo de Rivera. Era una época en el que el semanal “The News of the World” apenas podía contener tanto escándalo. Me va a gustar ver esa serie. Gracias