menú

COSMO estrea ‘De menos’, a súa nova curta contra a violencia de xénero

25/11/2021
Blog R

Kira Miró e Víctor Clavijo protagonizan ‘De menos’, unha produción orixinal de COSMO sobre a violencia psicolóxica e os teitos de cristal para as mulleres, que se estrea o xoves 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Que ocorre nunha parella cando a muller medra profesionalmente? Estas é só unha das preguntas que expón ‘De menos’, unha curta onde dúas parellas de amigos charlan animadamente nunha cea ata que Marta, o personaxe de Miró, nota que algo non vai ben durante a conversa. Pronto descubriremos, cando unha das parellas abandona a casa, que detrás de todo hai unha verdade incómoda. Está a sociedade afeita a que as mulleres vivan sempre baixo ese teito de cristal? Como perciben os homes esta realidade?


Kira Miró (‘La que se avecina’) e Víctor Clavijo (‘El ministerio del tiempo’) protagonizan esta película, escrita e dirixida por dúas mulleres, Cristina e María José Martín. Estas dúas irmás granadinas acumulan 35 galardóns nacionais e internacionais coa súa produtora “Lasdelcine”. Coa súa primeira curta de ficción, ‘Mi hermano Juan’, participaron en máis de 120 festivais de todo o mundo e conquistaron unha vintena de premios.

COSMO, compromiso social

COSMO continúa así, por cuarto ano consecutivo, co seu firme compromiso contra a violencia de xénero; nesta ocasión, cunha curtametraxe sobre a violencia psicolóxica que se produce dentro da parella e as desigualdades que aínda a día de hoxe afrontan as mulleres na contorna laboral.

As enquisas e as estatísticas lémbrannolo. Unha de cada tres mulleres sufriu violencia psicolóxica dalgunha parella, actual ou pasada, nalgún momento da súa vida, segundo a Macroencuesta de Violencia contra a Muller 2019. E, de acordo cos datos do INE, en España as mulleres seguen gañando un 19,5% menos que os homes.

Esta é a cuarta curta que COSMO estrea con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para visibilizar e concienciar sobre a violencia machista. Os tres títulos anteriores son ‘Animal’ (2018), ‘A quien dices amar’ (2019) e ‘Lo de aquella noche’ (2020).

Unha vez máis, COSMO achéganos a través da pantalla unha das “doenzas” que seguen existindo na nosa sociedade con ‘De menos’, a curtametraxe que estrea o xoves 25 de novembro ás 22:00 h. Non deixes de vela na opción TV ocio.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.