menú

Descubre os nosos contidos de rebobina en formato listaxe

12/08/2020
Blog R

En R gústanos ser prácticos e facilitarvos a vida. E máis no verán, que as vacacións sempre saben a pouco e o tempo pasa voando :). Así que vos recomendamos que botedes un ollo na nosa portada de rebobina á vista en forma de listaxe. Vaia, que o temos moito máis organizado para que atopes e selecciones dunha forma rápida e sinxela os contidos que máis che gusten.

Nada que instalar, nada que actualizar. Como accedes aos contidos en formato listaxe? Dende a portada de rebobina da túa televisión R.

Preparamos varias listaxes nas que temos un pouco de todo:

  • Selección National Geographic: cita cos mellores documentais
  • Continuar Vendo: retoma a emisión alí onde a deixaches
  • Infantil: entretemento e aprendizaxe para os máis peques da casa
  • Pelis da semana: as nosas incorporacións de cine dos últimos 7 días
  • As series do momento: toma nota para os maratóns “seriéfilos” que te vas pegar este verán
  • Cine en familia: nada como unha boa peli para desfrutar dun plan familiar
  • Películas de acción: que a calor non pare o a derrama de adrenalina
  • O mellor cine de todos os tempos: eses títulos inesquecibles que xa son parte da nosa historia
  • Tarde de risas: as gargalladas tamén son para o verán

Que che parece o noso formato listaxe en rebobina? Esperamos que che guste .

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Félix di:

    Pois, de momento, estupendo, tanto polas categorías da portada como o de poñer os contidos por canles.

    Unicamente, a ver se houbese algunha opción para eliminar contidos de ‘Seguir vendo’, porque algúns títulos gusta telos, pero outros, se non convencen, xa non interesa velos.

    Pero, vamos, sinxelo e ben ordenado, así que, de marabilla!