menú

Os contidos que te esperan en Netflix en xuño

04/06/2021
Blog R

Onde podes atopar misterio, vinganza, fantasía e as aventuras do máis popular ladrón de luva branca? En Netflix, accesible directamente a través do deco 4K da nosa televisión R. Prepárate para descubrir os mellores contidos que poderás ver en xuño.

‘Élite’ T4

Na cuarta tempada da exitosa serie española ‘Élite’, ‘Las Encinas’ conta cun novo e moi estrito director. Tamén chegan catro alumnos novos que dan pé a unha onda de leas románticas, rumores inquietantes e un gran misterio. Coñéceos dende o venres 18 de xuño en Netflix.

‘Lupin’ T2

Perseguido por Hubert e os seus secuaces, Assane procura a Raoul e atopa un novo aliado mentres urde un plan maxistral para sacar á luz os crimes de Hubert. A nova entrega de ‘Lupin’ estréase en Netflix o venres 11 de xuño.

‘Xtremo’

Dous anos despois do asasinato do seu fillo e do seu pai, un sicario retirado pon en marcha un minucioso plan de vinganza contra o asasino: o seu propio irmán. Xa está dispoñible en Netflix esta película repleta de acción protagonizada por Teo García, Óscar Jaenada e Óscar Casas.

‘Sweet Tooth: El niño ciervo’

Un cataclismo devastou o mundo. Gus, metade mozo e metade cervo, únese a unha variada familia de nenos híbridos como el para procurar respostas ao ocorrido. Non perdas este conto postapocalíptico baseado na famosa serie de DC Comics que conta con Susan Downey e Robert Downey Jr. como produtores executivos. A partir do venres 4 de xuño en Netflix.


Xa ves cantas novidades te esperan en xuño en Netflix. Y acceder directamente co deco 4K da túa televisión R é tan fácil como pulsar un botón. Cóntanos, cales son as túas series e pelis favoritas?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.