menú

Os contidos que te esperan en Netflix en xullo

05/07/2021
Blog R

Xullo é un mes de medo en Netflix, que estrea unha triloxía de cine que non te deixará indiferente: ‘La calle del terror’. Tres películas. Tres semanas. Unha historia de pesadelo.

‘La calle del terror parte 1: 1994’

Remontándose ao ano 1666, Deena descubre a verdade sobre Sara Fier. En 1994, os amigos loitan polas súas vidas e polo futuro de Shadyside. Estrea o venres 2 de xullo.

‘La calle del terror parte 2: 1978’

A vaga de asasinatos que arrasa o campamento Nightwing, na cidade maldita de Shadyside, converte o verán nunha macabra loita pola supervivencia. Estrea o mércores 7 de xullo.

‘La calle del terror parte 3: 1666’

Tras unha serie de brutais asasinatos, unha adolescente e os seus amigos deciden plantarlle cara ao poder maligno que arrasa Shadyside, a súa famosa cidade, dende hai séculos. Estrea o venres 16 de xullo.

E para recuperarte dos sustos, propoñémosche outros contidos que xa tes dispoñibles en Netflix.

‘Trollhunters: El despertar de los titanes’

Na terceira entrega de ‘Trollhunters’ do director Guillermo del Toro, ‘3bellow’ e ‘Wizards’ unen as súas forzas para loitar contra o inimigo escuro que quere apoderarse dos seus mundos.

‘Lupin’ T2

Continúan as aventuras do popular ladrón de luva branca televisiva. Perseguido por Hubert e os seus secuaces, Assane procura a Raoul e atopa un novo aliado mentres urde un plan maxistral para sacar á luz os crimes de Hubert.

‘Élite’ T4

Tampouco descansan en Las Encinas as leas románticas, rumores inquietantes e, como é habitual, un gran misterio.


Así que xa sabes, inclúe Netflix no teu plan de verán. Podes acceder directamente co deco 4K da túa televisión R. Tan fácil como pulsar un botón.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.