menú

Os mellores contidos de Netflix para maio, na túa televisión R

06/05/2021
Blog R

Apetéceche coñecer a superhéroes e superheroínas tan atípicos/as como entrañables?, ¿loitar contra zombis ou mergullarte no complicado mundo da moda? Toma nota das mellores series e pelis que podes desfrutar en Netflix en maio.

‘El inocente’

Xa coñeces ‘El inocente’? O misterio axexa neste thriller de 8 episodios baseado no libro de Harlan Coben e protagonizado polo galego Mario Casas no papel de Mat, que tenta refacer a súa vida tras saír de prisión. Pero unha chamada cámbiao todo. Xa dispoñible en Netflix.

‘El vecino’ T2

Na segunda tempada de ‘El vecino’, Javier, Lola, JR e Julia coñecerán a un misterioso funcionario que se presenta na veciñanza para atopar ao verdadeiro Guardián. Mentres tanto, Madrid postúlase como candidata aos Xogos Olímpicos e a alcaldesa fará todo o posible por conseguilo, mesmo utilizar un actor famoso para finxir que é Titán e aproveitar o seu tirón comercial. Reatópate con ‘El vecino’ a partir do venres 21 de maio en Netflix.

‘Jupiter’s Legacy’

Eles/as son a primeira xeración de superhéroes e superheroínas. Agora que deben pasar a testemuña aos seus fillos/as, as tensións aumentan… e xa non valen as vellas normas. Cres que os legados duran eternamente? Descúbreo o venres 7 de maio.

‘El ejército de los muertos’

Tras unha invasión de zombis en Las Vegas, un grupo de mercenarios arríscase ao máximo, aventurándose na zona de corentena para levar a cabo o maior atraco xamais tentado. Estrea da peli o venres 21 de maio en Netflix.

‘The woman in the window’

Confinada pola súa agorafobia, Anna Fox atópase vixiando á nova familia alén da rúa a través das xanelas da súa casa en Nova York. Despois de presenciar un crime brutal, os segredos comezan a desvelarse e nada nin ninguén é o que parece. Amy Adams protagoniza esta turbadora película que chega a Netflix o venres 14 de maio.

‘Halston’

Quen era Halston? Ewan McGregor protagoniza a miniserie ‘Halston’, que narra o meteórico ascenso e a caída do primeiro deseñador de moda que alcanzou a fama en EE.UU. Creada e producida polo recoñecido Ryan Murphy, estréase o venres 14 de maio en Netflix.

Estás preparado/a para desfrutar cos mellores contidos de entretemento en maio? Lembra que podes acceder directamente a Netflix co deco 4K da túa televisión R. Tan fácil como pulsar un botón.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.