menú

Descubre os mellores contidos de Amazon Prime Video para decembro

01/12/2021
Blog R

Amazon Prime Video despide o ano ao grande con deportistas, influencers, fantasía, humor, ciencia-ficción e mesmo repostería. Queres saber máis?

‘Celebrity Bake Off’

Búscase o mellor pasteleiro de España. Non perdas o concurso de repostería presentado por Paula Vázquez e Brays Efe no que caras moi coñecidas como Velencoso, Chenoa, Iturralde, Paula Gonu ou Soraya competirán para ser o/a gañador/a.

O xoves 16 de decembro arrinca ”Celebrity Bake Off España’ en Amazon Prime Video.

‘Sainz: vivir para competir’

Carlos Sainz cumpriu 59 anos e a súa historia é un exemplo de perseveranza. É bicampión do mundo de rallyes e gañou tres veces o Dakar. Mentres os rivais da súa xeración xa colgaron o casco, el segue ao máximo nivel. Vivimos xunto a el o seu ano máis trepidante, que ademais supuxo a estrea do seu fillo, Carlos como piloto de Ferrari.

Esta ‘docuserie’ debulla a carreira dunha lenda presente na alta competición dende hai máis de 30 anos. Estrea o xoves 2 de decembro en Amazon Prime Video.

‘The Ferragnez’

Chega a Amazon Prime Video a serie documental sobre a vida de Chiara Ferragni e Fedez. A empresaria dixital e icona da moda e o seu marido acumulan case 40 millóns de seguidores en Instagram. Pero non mostran nas redes sociais todo o que ocorre nas súas vidas. ‘The Ferragnez’ é unha historia dividida en oito episodios que desvela o que hai detrás de escena dunha das parellas máis seguidas nas redes sociais.

Descubre o lado máis persoal desta nova familia que comparte momentos de intimidade sen filtros, empezando pola terapia de parella. Estrea de ‘The Ferragnez’ o xoves 9 de decembro en Amazon Prime Video.

‘El pueblo’ T3

O xoves 2 de decembro recibimos novos veciños no pequeno pobo de Peñafría. Coñeceremos unha odontóloga e un chef dispostos a vivir o seu particular ano sabático rural; unha parella de mozos buscando unha vida eco-saudable; e o novo amor de María. Raúl Peña, Ana Arias, Elena Gallardo, Roque Ruiz, Laura Gómez-Lacueva e Richard Collins-Moore incorpóranse ao elenco desta comedia repleta de personaxes variados.

A mellor receita para botar unhas boas risas é a terceira tempada de ‘El pueblo’. Non a perdas en Amazon Prime Video.

‘Voyagers (Instintos Ocultos)’

Un grupo de 30 persoas entra nunha espiral de tolemia durante unha longa viaxe espacial de colonización. O obxectivo da súa misión é salvar o futuro da humanidade atopando vida noutros lugares do universo pero, ao mesmo tempo, inxectóuselles unha estraña droga que saca a relucir os seus peores instintos.

Descubre esta aventura de ciencia ficción e suspense en Amazon Prime Video. Estrea o mércores 1 de decembro.

‘La rueda del tiempo’

Xa descubriches o universo de segredos, alianzas e loitas de poder que cobran vida en ”La rueda del tiempo”? Nun lugar enchido de maxia habita un grupo de mulleres que dominan a capacidade de contactar co Poder Único. Entre elas atópase Moiraine Damodred, a ‘canalizadora’, que rescatará cinco mozas dunha aldea atacada polas forzas escuras.

Protagonizada por Rosamund Pike, a serie xa está dispoñible en Amazon Prime Video.


Cal é o teu contido favorito? Lembra que podes acceder a Amazon Prime Video directamente co mando a distancia do teu deco 4K.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.