menú

Os mellores contidos de Amazon Prime para novembro

09/11/2021
Blog R

Amazon Prime Video tennos preparadas interesantes novidades para este mes de novembro. Anticipámosvos que haberá terror, mundos imaxinarios e grandes deportistas. Queres saber máis?

‘Historias para no dormir’

O venres 5 de novembro volven as míticas ‘Historias para no dormir’, a aclamada colección de relatos de terror e ciencia ficción do mestre Chicho Ibáñez Serrador.

Rodrigo Sorogoyen, Paula Ortiz, Rodrigo Cortés e Paco Plaza dirixen as catro novas historias: ‘La broma’, ‘El doble’, ‘Freddy’ e ‘El asfalto’. Nelas veremos cobiza, como a tecnoloxía lles afecta ás relacións humanas nun futuro non tan afastado, a inquietante relación cun boneco e o surrealismo máis puro. Imaxinas que non puideses despegar os teus pés do asfalto?

 

‘The Wheel of Time (La Rueda del Tiempo)’

Chega a Amazon Prime Video a serie que adapta a exitosa saga de fantasía épica ‘La rueda del tiempo’, escrita por Robert Jordan e Brandon Sanderson.

Todo un universo de segredos, alianzas e loitas de poder nun lugar repleto de maxia no que unha fortaleza de mulleres domina a capacidade de contactar co Poder Único. Ese poder provén de la ‘Fuente Verdadera’ e fai virar a ‘Rueda del tiempo’ ata que unha parte da fonte se contamiña e deixa un mundo arruinado e totalmente desorganizado.

Rosamund Pike é Moiraine Damodred, a ‘canalizadora’, membro das Aes Sedai e quen rescatará a cinco mozos dunha aldea atacada polas forzas escuras.

Cales son os designios que fan virar a roda? Descúbreo dende o venres 19 de novembro en Amazon Prime Video.

 

‘Pau Gasol. Lo Importante es el viaje’

Unha vez colgadas as zapatillas, o xa exxogador de baloncesto e actual membro do Comité Olímpico Internacional afronta o futuro con ilusión e novos retos, persoais e profesionais.

Pau Gasol acaba de facer o máis díficil: despedirse do deporte que máis ama. Nesta serie poderemos ver a súa loita e esforzo para volver ás pistas e poder poñer fin á súa carreira xogando ao baloncesto ata o seu adeus nos Xogos Olímpicos de Tokio.

Estrea de ‘Pau Gasol. Lo Importante es el viaje’ o venres 12 de novembro en Amazon Prime Video.

 

‘Maradona: Sueño bendito’

Tamén tes xa dispoñible en Amazon Prime Video a serie documental ”Maradona: Sueño bendito”, unha biografía autorizada polo propio Diego Armando Maradona que segue a vida do astro arxentino dende os seus comezos na cidade de Fiorito ata o seu paso polo Barcelona e a etapa en Nápoles, sen esquecer a súa mítica participación no Mundial de México 86 coa selección de Arxentina.

Entre o medo, a fantasía e o deporte, váisenos pasar o outono voando:) Moitos máis contidos espérante en Amazon Prime Video. Accede directamente co mando a distancia do teu deco 4K.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.