menú

‘Cóndor’ volve a Calle 13

08/06/2020
Blog R

Regresa a espionaxe de alto nivel á televisión R coa estrea da segunda tempada de ‘Cóndor’ o martes 16 de xuño.

Na nova entrega, Joe Turner volve á hermética comunidade da CIA en Virginia para atopar ao traidor ruso, e, de paso, enfrontarse aos demos do seu pasado.

O pasado sempre volve

Joe Turner está a percorrer Europa, viaxando constantemente e marchándose sempre antes de botar raíces para non poñer en perigo á xente que coñece. Quere afastarse do seu pasado, pero todo cambia cando aparece un misterioso axente de intelixencia ruso que di traballar para o seu tío Bob. Quen é este axente que teme pola súa vida e mesmo está disposto a revelar a identidade dunha persoa rusa infiltrada na CIA a cambio de asilo?

Joe non parece disposto a axudarlle. Xa non quere ter nada que ver coa CIA. Pero o que está a ocorrer en Estados Unidos obrígao a pasar á acción e a reencontrarse cunha vida que cría deixar atrás.

Con nome propio

O personaxe de Joe está interpretado por Max Irons. Aínda que ten a súa propia carreira con papeis en películas como ‘Caperucita Roja: ¿a quién tienes miedo?’, seguro que moitos vos fixastes no seu cinematográfico apelido; si, é fillo de Jeremy Irons. Completan o elenco William Hurt, Mira Sorvino e Brendan Fraser.

‘Cóndor’ está inspirada en cine e literatura. Dunha banda, no thriller político de Sydney Pollack titulado ‘Los Tres Días del Cóndor’ e, doutra, na novela ‘Seis Días del Cóndor’ escrita por James Grady.

Preparados para mergullarvos no intrigante mundo dos espías? Atentos á nova tempada de ‘Cóndor’ en Calle 13.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.