
Ensinámosche paso a paso como funciona o noso servizo de gravacións
Coincide o peliculón da noite e a serie que che ten enganchado/a? É o momento de usar a funcionalidade ‘gravacións’, que che permite gravar todo o que queiras, mesmo se coinciden varios contidos á mesma hora. Así podes desfrutar de ambos os dous programas cando ti elixas.
O servizo ‘gravacións’ permíteche gravar tanto un contido en emisión como un contido dende a guía de programación.
Como gravar un contido en emisión
Sintoniza a canle na que se está emitindo o contido que queres gravar e pulsa o botón cun círculo vermello do teu mando da tele.
Como gravar un contido dende a guía de programación
Accede á guía de televisión e selecciona o programa concreto que queres gravar. Pulsa o botón co círculo vermello do mando. Se se trata dun evento seriado, tes a opción de elixir entre gravar só o episodio que elixas ou gravar toda a tempada completa.
Listo! En canto finalicen xa podes desfrutar dos teus contidos gravados.
Como ver as túas gravacións
Para ver as túas gravacións, só tes que acceder pulsando o botón do sobre que tes no teu mando de tv e seleccionar ‘A miña TV’. Na pestana ‘gravacións’ atoparás todas as túas gravacións, tanto as completadas como as programadas.
Neste videotutorial que preparamos explicámosche paso a paso como funciona o servizo ‘gravacións’:
Así que xa sabes, co servizo ‘gravacións’ da televisión R ti elixes que contidos da tele gravas para poder desfrutalos cando queiras. Cóntanos, xa usas o noso servizo ‘gravacións’?
6 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Mi mando no tiene esa función, ni siquiera es el mismo, tengo el rojo y aunque tiene el botón de rec no funciona.
Hola, Ana Isabel.
Si detectas cualquier fallo en el mando, puedes pedir el cambio en cualquier tienda de R.
Para revisar si el fallo es del descodificador, lo mejor es que contactes con mis compañeros de soporte técnico en el 1449, opción 2.
Disculpa las molestias.
Un saludo.
Ola pero isto vai supoño co derradeiro desco, nos temos ainda o vermello, e probei isto e non vai o eu non sei facelo
Ola, Freddy.
No desco HD podes acceder á guía dende o botón info ou OK. http://i.r.gal/533
Un saúdo.
Con mi descodificador es imposible grabar. No responde y tampoco funciona el USB que tre
Hola, David.
Siento mucho las molestias ocasionadas.
Para revisar lo que sucede es necesario que contactes con mis compañeros de soporte técnico llamando al número 1449 opción 2.
Un saludo.