menú

Como activar o PIN parental no teu deco de R

21/05/2020
Blog R

A nosa televisión R é para toda a familia, xa o sabedes, pero algunhas veces convén limitarlles o acceso a determinados contidos aos peques. Agora que estamos a pasar máis tempo na casa, como podemos facer para que os nosos/as fillos/as non vexan contidos que non son adecuados para a súa idade?

Nestas situacións, o que precisamos é o PIN parental.

Que debo facer para activalo?

Activar o PIN parental no noso decodificador é moi sinxelo. Toma nota.

Se tes o deco 4K, pulsa ‘Menú’ no mando e selecciona ‘Axustes’ no menú superior. Aí tes xa a opción ‘Control Parental’. Se che solicita un PIN, en R por defecto é o 1234, pero podes establecer o que ti queiras.

Opcións do PIN parental

Tes dúas opcións cando activas o PIN parental: restrinxir o acceso a unha determinada canle ou restrinxir o acceso a un contido concreto, independentemente da canle, segundo o rango de idade para o que está recomendado.

Como seleccionas as canles que queres bloquear? Vas á opción canles bloqueadas e seleccionas aquelas que queiras bloquear/desbloquear pulsando OK. Na pantalla verás diferentes iconas que che indicarán que canles están ou non bloqueadas.

Como activo a idade de bloqueo? Vas a idade de bloqueo e seleccionas o rango de idade para o que queres bloquear os contidos pulsando OK.

A partir dese momento, solicitarache o PIN sempre que accedas a un contido ou a unha canle para o que restrinxiches o acceso.

E se tes o deco HD, tamén podes configurar o control parental. Para iso debes acceder á sección ‘Configuración/Seguridade/Canles’ do menú.

En definitiva, estamos seguros de que o PIN parental che resultará moi útil para xestionar na casa os contidos das máis de 100 canles que ofrece a nosa televisión R.

Lembra ademais que co teu deco 4K podes acceder á túa app preferida para desfrutar das mellores series, botar unha partida ao teu xogo favorito ou para desfrutar da mellor música. Apúntaste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.