menú

A comedia ‘Sentimental’ estréase na televisión R

27/05/2021
Blog R

Imaxinas o que pode pasar se encerrades nunha mesma habitación a dúas parellas, veciñas pero non amigas, unha delas apegada á rutina e a outra desbordante de paixón? Este é o escenario no que se desenvolve a comedia española ‘Sentimental’, que chega a M. Estrenos o venres 28 de maio.

Dúas parellas, dúas maneiras opostas de vivir o amor

Ana comprou unha alfombra nova para a casa e unha blusa para ela, convidou os seus veciños a picar algo na casa e preparou a cea. O seu marido Julio, cascarrabias, tacaño e nada sociable, non está de acordo con nada diso. Despois de quince anos xuntos, as disputas domésticas son parte do seu día a día.

Os seus veciños de arriba, Salva e Laura, son máis novos, máis simpáticos e máis pasionais. Tanto, que os seus ‘ruídos’ convertéronse nun costume molesto para Ana, e especialmente para Julio.

A nova película do recoñecido director Cesc Gay

As dificultades das relacións de parella son o eixe desta comedia protagonizada por Belén Cuesta, Griselda Siciliani, Javier Cámara -recentemente galardoado co Premio Cinematográfico José María Forqué 2021 ao Mellor actor-, e Alberto San Juan, tamén premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto.

Eles catro son os únicos intérpretes desta historia que é a última película do director de ‘Truman’, Cesc Gay, e que está baseada na súa propia obra de teatro, ‘Los vecinos de arriba’.

Así que che ofrecemos na nosa televisión R unha velada que promete risas, confidencias, trapos sucios e moitas sorpresas… Vas perdela?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.