menú

Vive a mellor música con Club MTV en xuño

29/05/2020
Blog R

Apetéceche un mes de xuño desfrutando da mellor música? Despois destes meses de confinamento, merecémolo Así que dende o día 1 dese mes todos os clientes de televisión R tedes a canle Club MTV en aberto.

Club MTV é a canle que nunca dorme. Ata o de agora coñeciámola como MTV Dance e dende xuño inicia unha nova etapa con novo nome pero fiel ao seu espírito de sempre.

Que non pare a música

Club MTV é a canle que leva o mellor ambiente de festa directo ao teu fogar os sete días da semana.

Éxitos urbanos, dance, pop, funk… e que non falten os máis grandes clásicos do baile de todas as décadas. Cal é o teu estilo de música favorito?

En Club MTV tes cita con Avicii, Calvin Harris, Daddy Yankee, David Guetta, DJ Snake, Drake, Dua Lipa, Justin Bieber e coa mismísima Rosalía. Na canle atoparás os seus grandes éxitos, os seus novos temas, colaboracións e moitas sorpresas.

Xa sabes, en xuño chega á túa casa a mellor música con Club MTV. Lembra ademais que agora a canle en aberto pódela sintonizar sempre no dial 117.

E a partir de xullo podes desfrutar de Club MTV contratando a opción total da túa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.