menú

Os motores de Discovery Channel roxen de novo

06/08/2019
Blog R

O garaxe de Discovery Channel abre as súas portas para recibir as novas tempadas de “Clásicos del motor”, o sábado 10 ás 22 h, e “El taller de Aaron Kaufman”, o xoves 29 ás 22 h. O mundo do motor, protagonista na televisión R.

“Clásicos del motor”

O apaixonado dos coches clásicos, Wayne Carini, non para no seu empeño por localizar, restaurar e vender os automóbiles de alta gama máis extravagantes e espectaculares. A través do programa “Clásicos del motor”, este profesional dos bólidos sacou á luz as historias dos vehículos clásicos máis raros do planeta.

Carini tratou cunha grande cantidade de coleccionistas que lle confiaron os seus vehículos para ser modificados e exhibidos nas mellores poxas de EE.UU. e Canadá. A súa longa experiencia e gran destreza como ‘mestre da carrocería’ convertérono nun dos maiores referentes no mundo da restauración. En cada novo episodio, volverá dar mostra de que aínda hai moitos autos atemporais con historias fascinantes que contar. Entre eles, unha Vespa de 1962, un Saab Gran Turismo de 1964 ou un Ferrari Superamerica de 2005.

“El taller de Aaron Kaufman”

Despois de iniciar a súa aventura en solitario tras a súa ‘separación’ de Richard Rawling á fronte de “Fast N´Loud”, Aaron Kaufman mantén intacta a súa paixón polos automóbiles. Xunto ao seu equipo do taller Arclight Fabrication, o esixente Kaufman sorprende aos espectadores con restauracións pouco convencionais, customizacións sorprendentes e a súa afección por poñer estes bólidos ás máximas revolucións posibles.

Na súa nova etapa, Aaron Kaufman atópase encantado de poder desenvolver as súas tolas ideas para os clientes máis esixentes, pero tamén para o seu propio desfrute, transformando e probando na estrada bólidos orixinais e de alto rendemento.

Como ver “Clásicos del motor” e “El taller de Aaron Kaufman” en R

Podes ver “Clásicos del motor” e “El taller de Aaron Kaufman” en R se tes contratada a opción tv familia. Apunta o dial.

    • Galicia: dial 51
    • León e Cantabria: dial 54

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.