menú

Redescubrindo xoias do cine con Play-Doc TV

09/09/2019
Blog R

Coincidindo coa volta das vacacións, Play-Doc TV propón na televisión R unha viaxe no tempo para (re)descubrir 5 películas que foron e son verdadeiros tesouros, como a obra de culto “Grey Hardens”.

“Grey Gardens”

Alá polos anos 60 e 70, dous irmáns foron claves na evolución das técnicas e formas narrativas do xénero documental. Albert e David Maysles impulsaron o que se coñeceu como o “Cine Directo”. Pero eles foron algo máis que meros observadores invisibles da realidade; o grao de empatía que alcanzaban cos personaxes que retrataban impedíalles permanecer á marxe e iso levounos a filmar obras irrepetibles.

Entre elas está a marabillosa “Grey Gardens”, un do grandes fitos e obras de culto do cine documental contemporáneo. Unha historia de amor agridoce que mostra a complexa e poderosa relación entre nai e filla: Edith Bouvier Beale e a súa filla Edie, tía e prima irmá de Jacqueline Kennedy Onassis.

Marcel Lozinski

Innovador tamén podería considerarse o cine de Marcel Lozinski. Xunto a Krzysztof Kievlosvski, é considerado como un dos grandes cineastas polacos da súa xeración. Nas súas películas, Lozinski consegue, mediante unha planificada e provocadora maneira de intervir a realidade, adaptar os acontecementos ás súas intencións.

Así ocorre no documental “Todo puede suceder”, onde o simple paseo dun neno convértese nunha gran viaxe a través da vida. O director pídelle ao seu fillo Tomek que pasee por un parque conversando con anciáns facéndolles preguntas sobre a vida, a morte, a soidade ou o amor… Así, as ideas dun mozo sobre o futuro ou a vida confróntanse coas de homes e mulleres que se atopan ao final da súa existencia.

“Para que no duela”

Neste outro título a proposta é diferente. Trátase de dúas películas nunha. Dous encontros do director con Urzula, unha campesiña polaca rexeitada pola súa comunidade por mor da súa afección pola literatura e a arte. Lozinski rexistra e compara os testemuños de hoxe e os que recolleu hai 23 anos acerca dos mesmos temas.

“Ecos del Silencio”

Play-Doc TV recupera tamén algunha xoia do cine que permaneceu oculta durante demasiado tempo. “Ecos del Silencio”, a ópera prima de Peter Emanuel Goldman, inicialmente subestimada, é agora considerada unha das principais luces do movemento de cine underground estadounidense dos anos 70.

“Faro del Caos”

Para completar a programación, descubriremos a un personaxe fascinante. Verémonos desbordados pola irresistible personalidade da estrela de Hollywood Sterling Hayden. No documental “Faro del Caos”, descubrimos unha figura que vai moito máis alá do actor que namorou con “La Jungla de Asfalto” ou “Johnny Guitar”. A vida deste intérprete supera á dos seus personaxes de ficción. Esta película é o resultado directo dun encontro, un emocionante retrato do mariñeiro, heroe de guerra, partisano, estrela de Hollywood, comunista e tamén colaborador do FBI.

Como ver Play-Doc?

Podes ver Play-Doc TV se tes contratada a opción tv familia ou un paquete de televisión superior.

As películas de Play-Doc están dispoñibles a través de rebobina. Accede co teu mando de R a rebobina ao destacado de Play-Doc e mira cando queiras os contidos dispoñibles, que cambian cada mes.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.