menú

Cine do Noroeste e Rock and roll en Play-Doc TV en maio

13/05/2019
Blog R

En maio, Play-Doc TV segue descubrindo o talento de cineastas próximos e propón varias doses do cine do Noroeste e Rock and roll do bo da man de Iggy Pop e Jim Jarmush.

Unha viaxe polo Cantábrico

A viaxe polo mar Cantábrico comeza con “Pedaló”, a multipremiada película do director Juan Palacios que nos propón unha peculiar travesía pedaleando sobre a auga. En “Pedaló”, un cineasta principiante segue a tres amigos nunha surrealista viaxe náutica que fan montados nun hidropedal de segunda man e percorrendo máis de 150 km ao longo de toda a Costa Vasca. Con todo, a embarcación non está feita para un mar tan hostil e, nada máis comezar, a viaxe convértese nun delirio con accidentes, imprevistos, festas, resacas, un chamán, un funeral…

Dende Asturias chegan Diego Llorente con “Agostu” e Fernando Lorenzana con “Marcus”. Son dúas historias que tratan sobre relacións sentimentais dende perspectivas ben diferentes. Mentres en “Agostu” vivimos o reencontro de verán dunha parella tras anos de separación, en “Marcus” mergullarémonos na misteriosa e inquietante relación de dous novos compañeiros de piso.

Novos talentos cinematográficos

Tamén descubrimos novas voces cinematográficas, como a da moza directora galega Carmen Bellas, que nos presenta “Una vez fuimos salvajes”. Premiada como ‘Mellor Longametraxe’ no Festival Alcances 2017, a película preséntase como unha conversación imaxinada entre a autora e un barrio periférico de Madrid. Multiculturalidade, migración, crise e marxinalidade conviven nun territorio ao que a cineasta se enfronta nun percorrido libre e suxestivo que abandona de maneira progresiva o documental clásico e que se transforma nun ensaio en primeira persoa.

Que non falte a música

A irrupción do Rock and roll potente e agresivo de The Stooges foi como unha bomba na paisaxe musical de finais dos anos sesenta. A enerxía irresistible do grupo no que debutou Iggy Pop revolucionou os cimentos da música.

A programación de maio de Play-Doc TV complétase con “Gimme Danger”, a historia dun dos grupos de rock máis importantes de todos os tempos. O recoñecido director Jim Jarmush dirixe este documental que narra unha epopea, a través das aventuras e desgrazas da banda, evocando as súas fontes de inspiración e as razóns dos seus primeiros desafíos comerciais, ata a súa chegada ao panteón do rock.

Como ver Play-Doc?

Podes ver Play-Doc TV se tes contratada a opción tv familia ou un paquete de televisión superior.

As películas de Play-Doc están dispoñibles a través de rebobina. Accede co teu mando de R a rebobina ao destacado de Play-Doc e mira cando queiras os contidos dispoñibles, que cambian cada mes.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.