menú

C&I estrea ‘Sabían demasiado’

04/12/2018
Blog R

‘Sabían demasiado’ é o título da nova serie que C&I (dial 29) estrea o xoves 13 ás 22:15 h. Descubre os segredos da ciencia na televisión R.

Ás veces, a ciencia convértese nunha profesión de alto risco. Nas últimas décadas, decenas de científicos de todo o mundo morreron en circunstancias sospeitosas ou desapareceron sen deixar rastro. Moitos dos casos seguen sen resolverse e sen explicación ningunha.

Os perigos do oculto

‘Sabían demasiado’ destapa algúns destes sucesos revelando todo un armazón de conspiración, espionaxe e intriga. Grazas ao estudo exhaustivo de arquivos anteriormente clasificados e a entrevistas con fontes ata agora descoñecidas, esta serie de investigación atopa pistas, presenta probas e expón feitos que poderosas forzas tentaron encubrir durante anos.

Dende físicos nucleares aos que asasinaron con coches bomba ou enxeñeiros militares mortos a tiros na porta da súa casa. Queda claro que, ás veces, posuír unha grande información pode ser un verdadeiro perigo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.