
Chega Dark, a única canle dedicada integramente ao terror
O luns 31 de outubro, Buzz (dial 12) convértese en Dark, a canle que ten como protagonista un novo concepto de terror. É dicir, que estará dispoñible para os clientes de TV total.
Dark emitirá series e cine de todos os subxéneros do terror: comedias de terror, cine fantástico, slasher, horror psicolóxico, anime…
De entrada, para celebrar Halloween, Dark estrea ‘Ash vs Evil Dead’ cun maratón que inclúe os dez capítulos da primeira tempada o luns 31 de outubro a partir das 666 (18:06:06, en referencia á hora da besta). Protagonizada polo actor, produtor e director Bruce Campbell, traslada á televisión o mundo creado por Sam Raimi na saga ‘Posesión Infernal’, recuperando tramas e personaxes e homenaxeando ao cine de serie B que aterrorizou ao público dos anos 80.
Tamén as miniseries ‘Beyond The Walls’ e ‘Rosemary’s Baby’ e as series ‘Teen Wolf’ e ‘True Blood’ chegarán proximamente á canle.
O cine tamén estará moi presente na grella de Dark. Durante o mes de novembro, emitirase o ciclo temático ‘Bon apetit’, centrado nas películas sobre canibalismo. Máis adiante chegará ‘Gotelé sangriento’, onde as casas encantadas obteñen o protagonismo, ou ‘Contigo no, bicho’ coas criaturas máis terroríficas.
E as últimas estreas atoparán o seu espazo de programación en ‘Fila 666’.
Dark é a única canle en España dedicada integramente ao terror e busca aproveitar o crecemento do consumo do xénero que se produciu no último ano. Preparado para pasar medo?
9 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Cambiade tamén: Discovery MAX por DMAX e engadide Hit radio
Saúdos
Poderá verse cos puntos de cliente…?
Ola, Xosé.
Non, ao igual que no caso de Buzz, a canle Dark só estará dispoñible para os clientes con TV total contratada. É dicir, que non estará dispoñible para os que teñan TV total por puntos 🙁
Un saúdo.
Que Peña este canal sólo sea para tv total.Ya a mi me gusta películas terror
Hola, Javier.
Por precio solo lo podemos ofrecer en este paquete 🙁
Un saludo.
Eu teñi tv total sen embargo non poido ver esa canle
Ola, bruno.
A canle está dispoñible para os que teñen contratada tv total. Non está dispoñible en tv total por puntos.
Se tes a canle contratada (sen puntos), é ir ao dial 12 e activala.
Un saúdo.
Hola, como puedo dar de baja este canal?
Hola, Marian.
El canal forma parte de un paquete de televisión por lo que no es posible darlo de baja exclusivamente.
Un saludo.