menú

Calle 13 estrea “Trauma”

29/11/2019
Blog R

Un novo thriller, titulado “Trauma”, chega a Calle 13 o luns 2 de decembro ás 22:00 h. Sumámonos á persecución dun asasino en serie na televisión R.

Adam Belmont é un policía distante pero respectado que lle segue a pista a un asasino en serie. Non é tarefa fácil, xa que sobrevive milagrosamente a un disparo na cabeza cunha única secuela: a amnesia.

Cando atopa unha moza atemorizada encerrada no seu soto, Adam debe enfrontarse á máis terrible das dúbidas: e se o asasino que perseguía é el mesmo?

Un elenco con acento español

A serie consta de 6 episodios. Foi creada por Henri Debeurme y Aurélien Molas e está dirixida por Fred Grivois.

O seu protagonista principal é Guillaume Labbé, que recentemente traballou na serie “Plan corazón”, de Netflix, e nas películas francesas “Voyez comme on danse” e “Le Gendre de ma vie”.

Acompáñao a actriz española Alba Guilera interpretando a Jessica Lebar, unha misteriosa muller de 33 anos que aparece na investigación de Adam.

Como ver “Trauma” na televisión R

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. Call3 13 está no dial 23.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí. Lembra, ademais, que tes todos os episodios da serie dispoñibles en rebobina para velos cando queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.