menú

Calle 13 estrea “The Murders”

09/07/2019
Blog R

“The Murders” estréase en Calle 13 o venres 12 de xullo ás 22:00 h. Nova serie policiaca na televisión R.

Está protagonizada pola moza detective de homicidios Kate Jameson. Tras cometer un terrible erro, Kate terá que lidar co sentimento de culpa e enfrontarse a duras situacións profesionais e persoais para demostrar que é toda unha profesional no campo da investigación.

“The Murders” está ambientada en Vancouver, unha cidade contemporánea e moi tecnolóxica. Cada caso explórase a través dos cinco sentidos, mostrando como a era dixital axuda tanto aos delincuentes como ás autoridades.

O equipo

Jessica Lucas, coñecida pola súa aparición en “Gotham”, métese na pel de Kate. Completan o elenco Dylan Bruce (“Orphan Black”) no papel do detective Nolan Wells, o compañeiro de Kate no departamento de Homicidios; Lochlyn Munro (“Riverdale”) como Mike Huntley, un axente de policía que traballaba co pai de Kate; Terry Chen (“The Expanse”) como Bill Chen, o sarxento ao cargo do departamento de Homicidios; e Luvia Peterson (“Continuum”) como Meg Harris, unha amiga do traballo de Kate. Venus Terzo (“Arrow”) dá vida á nai de Kate, Rita Gallo.

A serie consta de oito episodios dunha hora de duración cada un.

Como ver “The Murders” en R

Podes ver “The Murders” se tes contratada a opción tv series ou familia.

No dial 23 da túa televisión R.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.