menú

Calle 13 apúntase á espionaxe con ‘The Enemy Within’

01/04/2019
Blog R

Calle 13 estrea ‘The Enemy Within’ o luns 8 de abril ás 22:00 h. Trátase dun frenético thriller ambientado no mundo da espionaxe que chega á televisión R.

De espía a traidora

Erica Shepherd (Jennifer Carpenter) despuntou como unha das mellores axentes da CIA, pero agora pasa os seus días nun cárcere de máxima seguridade convertida na traidora máis famosa da historia de Estados Unidos.

Ao non atopar outra saída, o axente do FBI Will Keaton (Morris Chestnut) actúa en contra de todos os seus principios e pide axuda a Shepherd para atrapar un delincuente perigoso e escorregadizo que ela coñece moi ben. A Keaton cústalle moito confiar na muller que tanto dano lle fixo.

Movidos por intereses moi distintos, Shepherd e Keaton coinciden en algo moi importante: ambos os dous saben que para enganar a un espía, hai que pensar como un espía.

Con Jennifer Carpenter e Morris Chestnut

O elenco de ‘The Enemy Within’ encabézano Jennifer Carpenter (‘Dexter’) e Morris Chestnut (‘Rosewood’). Xunto con eles, Raza Jaffrey, Kelli Garner, Cassandra Freeman e Noah Mills.

‘The Enemy Within’ xorde da mente de Ken Woodruff, que comparte os labores de produtor executivo con Matt Corman, Chris Ord e Charles Beeson. Mark Pellington é o director e produtor executivo do piloto.

Como ver ‘The Enemy Within’ en R

Podes ver ‘The Enemy Within’ se tes contratada a opción tv series, tv ocio ou calquera outro paquete de televisión R. Tes a canle no dial 23.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.