menú

Calle 13 estrea “Departure: Vuelo 716”

27/08/2019
Blog R

Que pasou co voo 716 mentres sobrevoaba o Atlántico? Descúbreo na televisión R. Calle 13 estrea o thriller “Departure: Vuelo 716” o luns 2 de setembro ás 22:00 h.

Unha misteriosa desaparición no aire

“Departure: Vuelo 716” é un trepidante thriller que investiga as conspiracións que rodean o caso do voo 716, un avión comercial que desaparece cando sobrevoa o océano Atlántico. Tras o misterioso accidente, Kendra Malley, unha brillante investigadora aeronáutica que acaba de quedar viúva, tentará esclarecer o ocorrido a pedimento do seu antigo xefe e mentor, Howard Lawson.

Kendra e o seu equipo traballarán a contrarreloxo para atopar o avión desaparecido e os posibles sobreviventes. Polo camiño terán que investigar diferentes sospeitosos e motivos, dende o suicidio do piloto ata un ataque terrorista, pasando por un asasinato con fins políticos ou un fallo do sistema para determinar que pasou realmente co voo 716 e evitar que volva ocorrer.

Con Archie Panjabi e Christopher Plummer

Malley está interpretada pola gañadora de premios Emmy Archie Panjabi (“The Good Wife”) e o oscarizado actor Christopher Plummer dá vida a Lawson.

Completan o elenco Kris Holden-Ried (“Vikingos”), Claire Forlani (“Hawaii Five-O”), Rebecca Liddiard (“Frankie Drake Mysteries”) e Shazad Latif (“Star Trek: Discovery”), entre outros.

Como ver “Departure: Vuelo 716” en R

Tes seis episodios dunha hora de duración para descubrir o que ocorreu co voo 716. Podes ver a canle Calle 13 sempre que teñas a opción ocio da túa televisión R. Está dispoñible no dial 23.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.