menú

Marzo, o noso mes do crime

04/03/2020
Blog R

Asasinos en serie, raíñas da camorra, seitas perigosas ou velenos letais que foron esparexidos en iogur ou paracetamol. Convidámoste a mergullarte na apaixonante procura da verdade a través da investigación criminal con‘Crimen e Investigación’, a canle que está en aberto en marzo para todos os clientes da televisión R.

A arte do crime

Sabes que son a ninhidrina, a entomoloxía forense ou a documentoscopia? Se a túa resposta é si, posiblemente xa sexas un asiduo espectador de ‘Crimen e Investigación’; se a túa resposta é non, temos a solución: descubrímosche a única canle de televisión en España dedicada á investigación de crimes reais.

‘Crimen e Investigación’ conta impactantes historias que lle transportan ao espectador ata o máis fondo do mundo do crime e faino ir máis aló do que e do como para entender o porqué e, de paso, ampliar o seu coñecemento sobre a natureza humana. Estás preparado?

No cine, nos libros, na pequena pantalla

O cine atopou no crime un inesgotable filón para construír as súas historias.

‘La Dalia Negra’ contounos a misteriosa morte dunha aspirante a actriz, e a día de hoxe o crime segue sen resolverse.

Con ‘Zodiac’ vivimos unha frenética persecución do chamado ‘Asasino do Zodíaco’.

Con ‘Monster’ Charlize Theron gañou o Óscar a Mellor Actriz pola seu máis que inquietante papel de prostituta asasina.

Outros crimes convertéronse en auténticos best-seller literarios. Aí están ‘A sangre fría’, de Truman Capote; ou ‘Alias Grace’, novela na que Margaret Atwood nos conta o caso de Grace Marks, que en 1843 foi condenada a cadea perpetua como coautora do asasinato de Thomas Kinnear e o seu amante. Líchelos?

Crime e fama

Mortes famosas nunca aclaradas como as de Natalie Wood e Brittany Murphy ou crimes que se converten en auténticos culebróns mediáticos como o caso de O.J. Simpson.

Unha infinidade de casos sen resolver e mortes sen resposta apíñanse na nosa memoria. Ante os nosos ollos preséntanse todo un desfile de sospeitosos, probas e investigacións. Non credes que necesitamos unha canle de televisión que nos axude a indagar nestes sucesos? Que ocorreu realmente? Culpables ou inocentes?

Marzo en ‘Crimen e Investigación’

En marzo, ‘Crimen e Investigación’ mergúllase no sinistro mundo dos asasinos a soldo. Sabías que os asasinatos por encargo experimentaron un aumento máis que considerable nos últimos anos nos Estados Unidos? Ademais, teñen unha clientela tan variada como sorprendente: banqueiros, militares e mesmo amas de casa.


Chegan tamén novos episodios de series emblemáticas da canle como ‘Narcolanda’ ou ‘Las Primeras 48 horas’ e, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, estréase ‘Live PD Mujeres Policía’.

En marzo, únete á procura da verdade con ‘Crimen e Investigación’ na televisión R. En Galicia, no dial 29; en León e Cantabria, no dial 56.

E lembra que a partir de abril podes seguir desfrutando de ‘Crimen e Investigación’ dentro do paquete ‘TV Total’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.