menú

‘Bulletproof’, pura acción en AXN

13/10/2020
Blog R

Credes que é posible perseguir criminais cun compañeiro co que non compartes absolutamente nada: nin orixe, nin personalidade, nin método? Pois si, é posible, a condición de que se comparta un mesmo código moral e un mesmo obxectivo: encerrar os malos.

O xoves 15 de outubro, ás 22:05 h, chegan a AXN dous policías encubertos, Aaron Bishop e Ronnie Pike, encargados de perseguir a grandes criminais no East End de Londres. Eles son a mellor proba de que, malia as diferenzas, se pode compartir un mesmo código moral e complementarse para traballar en equipo, mesmo cando o conflito entre ambos os dous parece que sempre está a piques de explotar.

‘Bulletproof’ engade diversión, toques de humor e, sobre todo, moita acción e química entre os seus protagonistas. Tamén hai espazo para as relacións entre pais e fillos, así como entre os amigos.

Noel Clarke e Ashley Walters métense na pel de Aaron e Ronnie, respectivamente.

Ao primeiro recoñecémolo como Mickey Smith en ‘Doctor Who’ e é un dos actores ingleses máis relevantes da súa xeración, gañador do Premio Orange á estrela emerxente en 2009.

Pola súa banda, Ashley é un popular rapeiro cun papel protagonista na premiada serie ‘Top Boy’.

Acción, crime e amizade, a receita do éxito de ‘Bulletproof’. Non a perdas na nosa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.