menú

Bruce Weber: fotografía e cine en Play-Doc TV

19/11/2019
Blog R

O prestixioso fotógrafo e cineasta Bruce Weber chega ás pantallas de Play-Doc TV para celebrar o 30 aniversario da estrea de “Let’s Get Lost”, considerado por moitos como o mellor documental de jazz de todos os tempos. En novembro, na televisión R.

Da moda ao cine

Bruce Weber é coñecido mundialmente por un sobresaínte traballo que revolucionou o mundo da moda. E soubo trasladar con éxito os seus intereses temáticos e estéticos como fotógrafo á súa obra cinematográfica, ampliando en gran medida o ámbito e o alcance das súas empresas artísticas.

En novembro, Play-Doc TV rescata catro das súas grandes películas: “Broken Noses”, “Let’s Get Lost”, “Chop Suey” e “A Letter to True”.

“Broken Noses”, a historia dun boxeador

A súa primeira longametraxe, “Broken Noses”, conta a historia de Andy Minsker, un boxeador profesional ex-campión de peso lixeiro. Ten un pequeno club de boxeo para nenos en Portland.

O documental conta cunha recoñecida banda sonora que explora e despeza o concepto de virilidade.

Os últimos días de Chet Baker

Na multipremiada e nominada ao Oscar en 1989 “Let’s Get Lost”, Bruce Weber acompaña ao trompetista e cantante de jazz Chet Baker no que sería o último ano da súa vida.

Os complicados últimos tempos de Baker, marcados pola adicción ás drogas, contrastan cos seus anos de mocidade, cando aínda era o mozo dourado do jazz cun aire a James Dean e un brillante e prometedor futuro por diante.

Os seus amigos e as súas paixóns

Play-Doc TV recupera tamén dous títulos esenciais da obra cinematográfica de Bruce Weber que teñen un marcado carácter autobiográfico.

“Chop Suey” é unha homenaxe persoal e íntima ás cousas que este gran cineasta e fotógrafo máis ama. Tamén vai sobre aquelas persoas que máis lle influíron na súa carreira.

Completa este pequeno ciclo “A Letter to True”, na que Bruce Weber confesa outra das súas grandes paixóns: o seu amor cara aos animais e, en concreto, aos seus cans. Convérteos en protagonistas dunha metáfora sobre a paz e a esperanza no mundo.

Como ver Play-Doc?

Podes ver Play-Doc TV se tes contratada a opción tv total.

As películas de Play-Doc están dispoñibles a través de rebobina. Accede co teu mando de R ao destacado de Play-Doc e mira cando queiras os contidos dispoñibles, que cambian cada mes.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.