menú

Blaze estrea “Rescates extremos”

27/05/2019
Blog R

Calquera traballo, a calquera hora! Este é o lema que guía o día a día dos protagonistas de “Rescates Extremos”, a serie que se estrea en Blaze o martes 4 ás 22:50 h. Descubre o traballo de alto risco ao que se enfronta un grupo de valentes na televisión R.

Ambientada na rexión de Whitsunday, ao norte de Queensland (Australia), o equipo de “Rescates Extremos” acepta perigosas misións de rescate mariño nas que o factor tempo é crucial e onde un erro podería significar graves lesións ou grandes perdas económicas. Enfróntanse a unha rexión devastada por un recente ciclón de categoría 4 que causou danos importantes e deixou a zona infestada de barcos e vehículos esnaquizados.

Desafíos sen perder a ilusión nin o bo humor

Impulsados pola auténtica coraxe australiana e decididos a levar a cabo o seu traballo, plantan cara a cada desafío con decisión, atopando sempre un momento para divertirse.

Desfruta de toda a tensión, emoción e camaradería desta serie que nos mostra como superar a adversidade para poder recuperar e manter en boas condicións unha das costas máis incribles do mundo.

Como ver “Rescates extremos” en R

Podes ver “Rescates extremos” se tes contratada a opción tv familia. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 53
  • León e Cantabria: dial 55

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.