menú

Blaze, canle en aberto en xullo

28/06/2019
Blog R

A partir do luns 1 de xullo, Blaze emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, se tes tv ocio ou tv series desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece Blaze. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle se contratas a opción tv familia.

Unha canle para os máis valentes

Blaze conta con homes e mulleres que logran os seus propósitos sen perder o que os fai únicos. Así, con determinación, coraxe e rebeldía conseguen logros extraordinarios.

Xullo, un mes de novidades

En xullo, Blaze segue apostando polo motor coa estrea de “Tesoros sobre ruedas”. Os espectadores percorrerán EE.UU. procurando reliquias longo tempo esquecidas nos lugares máis raros e insólitos.

Doutra banda, a estrea de “Brothers in Arms” achega os espectadores ao mundo da restauración de armas dende unha perspectiva nova e divertida, onde a paixón por xerar pezas únicas fai que se cheguen a superar os límites da enxeñería, o deseño e a artesanía en armas.

Ademais, este mes volve á canle “Mountain Men”, unha das series de aventuras que mellor representa o espírito aventureiro de Blaze. Tampouco faltarán á súa cita cos espectadores series emblemáticas da canle como “Rescates Extremos”, “Pickups & Furious” ou “Cazatesoros”.

Como ver Blaze en R

Lembra, durante todo xullo, tes Blaze en aberto na televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 53
  • León e Cantabria: dial 55

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Espe Cimas di:

    Yo tengo contratada la tv series y sin embargo tampoco puedo ver el canal Blaze…..