menú

Blaze, canle en aberto en marzo

01/03/2019
Blog R

A partir do venres 1 de marzo, Blaze (dial 53) emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, se tes tv ocio ou tv series desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece Blaze. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle se contratas a opción tv familia.

Coraxe e rebeldía, as sinais de identidade da canle

Blaze está repleto de persoas que conseguiron logros extraordinarios grazas á súa determinación, coraxe e rebeldía; trátase de homes e mulleres que viven á súa maneira e logran os seus propósitos sen perder o que os fai únicos.

A canle aposta polo diferente e o auténtico cunha oferta con contidos orixinais como ‘Battlebots, peleas de robots’ ou ‘Cazatesoros’.

Marzo, un mes de novidades

En marzo, Blaze estrea ‘Entrenamiento SAS’. Este novo programa pon ao descuberto un dos procesos de ingreso militar máis desafiantes e psicoloxicamente máis esixentes do mundo: as probas de acceso ao Servizo Aéreo Especial Británico (SAS).

Ademais, chegan novos episodios dalgunhas das series máis recoñecidas da canle, como ‘Locos por los coches’, ¿Quién da más?’ ou ‘Cazatesoros’.

Lembra, durante todo marzo, tes Blaze en aberto no dial 53 da televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Juan di:

    Poner por favor incluido Dzan tv en claqueta para poder seguir moto gp y otros depirtes .Gracias

  2. Avatar Xosé di:

    Olá! Como vai?
    Rock FM nas radios incluídas na TDT non está en R (?)

  3. Avatar Alejandro di:

    Ola!! Unha dubida: e cousa do meu desco ou dende onte cambiastes amc por blaze como canle en aberto?