menú

BLAZE, a nosa canle en aberto en xuño

01/06/2021
Blog R

En xuño desafiamos o convencional na televisión R e apuntámonos máis que nunca á coraxe e engadímoslle un chisco de rebeldía con BLAZE como canle en aberto para os clientes dende o martes 1 de xuño.

As poxas de rochos máis populares, de volta en BLAZE

En xuño, volven a BLAZE as poxas máis famosas da televisión coa estrea en exclusiva dos novos episodios de ‘¿Quién da más?’. Novas caras únense ao equipo, dende ‘vinteaneiros’ que o darán todo por gañar na poxa de rochos a parellas que necesitan diñeiro rápido. ‘¿Quién da Más?’ séguenos brindando unha mirada próxima ao que realmente sucede nas feroces poxas de rochos, fonte inesgotable de achados valiosos que poñen a proba a rivalidade de emprendedores que asumen riscos para conseguir grandes sumas de diñeiro. A noite dos martes, sé o primeiro en gozar dalgúns dos achados máis tolos de ‘¿Quién da Más?’.


Tamén coñeceremos aos ‘Restauradores de Rust Valley’, unha das comunidades automobilísticas máis singulares do mundo, especializada en dar unha segunda vida a vehículos antigos, con hectáreas de coches abandonados e soares para chatarra ata onde se perde a vista.

E reencontrarémonos cos intrépidos concursantes de ‘Alone: Supervivencia en el Ártico’ e co equipo de demolición e salvamento de ‘Salva y destruye’.

Así que, xa sabes, en xuño desfruta coa canle #conunpar da tele. Só tes que sintonizar o dial 117 da túa televisión R. A partir de xullo podes seguir desfrutando de BLAZE dentro do paquete ‘TV Total’.

E non perdas detalle das nosas redes sociais porque BLAZE chega con agasallo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Ine di:

    Ademais de que blaze non me parece en absoluto unha canle en aberto interesante, levo dende as 19 h sen poder acceder ao rebobina por codigos de erro 401, -1, e agora mesmo sen acceso de ningunha maneira, coa mensaxe de obter información en servizo técnico..