menú

‘Black Panther’, en M. Estrenos

01/10/2018
Blog R

O venres 5 de outubro, ás 22:00 h, chega a Movistar Estrenos (dial 4) a película ‘Black Panther’. Descubre o novo superheroe de Marvel na televisión R.

Fai millóns de anos, un meteorito de poderoso vibranium impactou en África. Cando chegou a era do home, a maioría dos habitantes daquel territorio, agora chamado Wakanda, uníronse baixo o mando dun guerreiro chamán que, grazas ao vibranium, adquiriu forza, velocidade e instinto sobrehumano, converténdose no primeiro Black Panther.

A súa primeira película como protagonista

Tras a súa presentación en sociedade no 2016 en ‘Capitán América: Civil War’, o primeiro superheroe de raza negra de Marvel, T’Challa/Pantera Negra, creado en 1966 por Stan Lee e Jack Kirby, incorpórase de cheo ao Universo Cinematográfico Marvel.

Nesta primeira película como protagonista absoluto, o príncipe T’Challa volve ao illado e avanzadísimo país de Wakanda para suceder no trono o seu pai, morto en ‘Capitán América: Civil War’. Con todo, a reaparición dun vello inimigo poñerá a proba o carácter de T’Challa como rei e como Black Panther.

O equipo… e Stan Lee

‘Black Panther’ está protagonizada por Chadwick Boseman e dirixida por Ryan Coogler (‘Creed: La leyenda de Rocky’).

Conta tamén coas interpretacións de Michael B. Jordan, Lupita Nyong’o, Danai Gurira, Martin Freeman, Daniel Kaluuya, Angela Bassett, Forest Whitaker e Andy Serkis. Ademais, como é habitual nas películas do Universo Marvel, Stan Lee fai un cameo; nesta ocasión, métese na pel dun xogador trampulleiro nun casino segredo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.