menú
Big Bang se despide después de 12 temporadas

“Big Bang” despídese despois de 12 tempadas

15/05/2019
Blog R

TNT emite os dous últimos episodios de “Big Bang” un día despois da súa estrea en EE.UU. A partir do sábado 18 de maio, podes desfrutar en rebobina dos capítulos 23 e 24 da tempada 12 en versión orixinal. O 23 de maio ás 21:45 horas TNT emitirá estes dous episodios en versión dobrada.

Os creadores da histórica serie aseguraron que se tratará dun final épico.

Maratón

Para despedir “Big Bang” como se merece, se es fan de Sheldon, Amy, Leonard, Penny e compañía, tes a oportunidade de ver toda a serie dende o principio en formato maratón. “Big Bang NonStop” emite dende o 8 ao 23 de maio unha tempada ao día dende as 11:30 horas.

  • Mércores 8 de maio, maratón T1
  • Xoves 9 de maio, maratón T2
  • Venres 10 de maio, maratón T3
  • Luns 13 de maio, maratón T4
  • Martes 14 de maio, maratón T5
  • Mércores 15 de maio, maratón T6
  • Xoves 16 de maio, maratón T7
  • Venres 17 de maio, maratón T8
  • Luns 20 de maio, maratón T9
  • Martes 21 de maio, maratón T10
  • Mércores 22 de maio, maratón T11
  • Xoves 23 de maio, maratón T12 + dobre episodio final

Ata sempre, “Big Bang”!

O 24 de setembro do 2007 estreábase o primeiro episodio de “Big Bang”. Dende entón, 12 tempadas, 279 episodios e 140 horas de incontables gargalladas, momentos icónicos e diálogos ocorrentes. Vimos participacións como os de Stephen Hawking, Carry Fisher, Adam West ou Stan Lee, entre outros moitos.

Unha serie que debería ser eterna e que os seus protagonistas botarán tamén de menos. Kaley Cuoco confesou que charlar co público xusto antes da gravación é un dos seus momentos favoritos. Johnny Galecki sente coma se acabar a serie fose algo surrealista.

O definitivo adeus de “Big Bang” non deixa a ninguén indiferente.

Ata sempre!

Como ver “Big Bang” en R

Podes ver “Big Bang” se tes contratada a opción tv series da televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 22
  • León e Cantabria: dial 21

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.